• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Fernando Abreu

Fernando Abreu é un clarinetista galego cunha ampla traxectoria como intérprete, tanto de música clásica, folk, contemporánea ou jazz. Membro dos grupos Cuarteto Caramuxo, DOUS e Banda Crebinsky, cos que ten sido galardonado con catro Premios Martín Codax da Música, un Premio María Casares e os Premios Opinión á Música de Raíz, entre outros.

Ten participado en máis de 25 traballos discográficos de artistas galegos, entre os que cabe destacar todos os traballos discográficos da compositora Mercedes Peón, coa que colabora desde hai máis de 20 anos.

Como compositor, ten creado música para espectáculos de compañías de teatro afeccionado (Vichelocrego) e profesional (Talía Teatro e Teatro do Adro), e para traballos audiovisuais (Gus Abreu, Pablo Casal, etc.).

Complementa a súa faceta de intérprete coa de profesor e investigador. Titulado superior en Clarinete polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, especializado na interpretación de Clarinetes Históricos polo Koninklijk Conservatorium da Haia (Holanda) e en Música Tradicional Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, obtivo o Diploma de Estudios Avanzados en Etnomusicoloxía pola Universidad de Valladolid.

Contratación

Fernando Abreu
607 892 729
uerbaref@gmail.com

Discografía

C a L M A

FERNANDO ABREU

2021, Nakra

Vídeos

Endorfinando

FERNANDO ABREU

Como una piel soñada

FERNANDO ABREU

Ninety Miles

FERNANDO ABREU

Transparentes

FERNANDO ABREU

Tal vez tamén che gusten