Vídeos
Maneo de Cambre
CAAMAÑO&AMEIXEIRAS FEAT. SÍLVIA PÉREZ CRUZ + CAROLA ORTIZ
Maneo de Cambre é un dos temas máis íntimos e intensos de Aire!. Á sonoridade do violín e o acordeón, fío condutor constante, súmase aquí a maxia infinita de Sílvia Pérez Cruz á voz e a expresividade de Carola Ortiz ao clarinete. Xuntas reinterpretan en feminino este tema tradicional da Costa da Morte (Cambre, Malpica), que cruzou o Atlántico seguindo o curso da emigración ata Carabobo (Venezuela), onde foi recollido por Xurxo Fernandes. O tema musical faise imaxe en movemento a través da mirada sensible de Lucía Estévez, a danza de Fran Martínez e a interpretación de Raquel Espada. Maneo de Cambre é, por tanto, unha viaxe de ida e volta feita canción e lamento; un berro e un murmurio que fala de anhelo e de perda. De cambio e aceptación. Do intento imposible de reter algo que irremediablemente se escapa das mans. Do efémero e, sobre todo, do eterno.
Máis vídeos de Caamaño&Ameixeiras