Vídeos
Documental Pilar y Juan - Proyecto A VIAXE de Juan Carlos Cambas
JUAN CARLOS CAMBAS / FEAT. PIERO, LUIS LANDRISCINA, JOSÉ CEÑA, DIEGO ALBERTO...
Proxecto A VIAXE / Dende Arxentina ata Galiciade Juan Carlos CambasTema: Pilar e Juan (Canción) Letra: Luís Landriscina / Jorge FandermoleMúsica: Jorge Fandermole (Escrita aos meus pais: Pilar Outeda e Juan Manuel Cambas)Piano e Dirección: JUAN CARLOS CAMBASVoces: PIERO JOSÉ CEÑA CARLOS MANCINELLI JOAQUÍN LÓPEZ DIEGO ALBERTO JUAN CARLOS CAMBASAcordeón: THITO AMANTTELow Whistle: Christian Castrelo Conde Violoncelo: Sergio Menem Arranxos: Popi SpatoccoIdea, Guión e Produción:JUAN CARLOS CAMBASConcepto visual, realización e montaxeJUAN MANUEL NAVAL / Lume Producións“Pilar e Juan” é a biografía da miña familia escrita para este disco polo meu amigo Don Luís Landriscina e o marabilloso Jorge Fandermole, pero tamén é a historia de miles de inmigrantes que chegaron á Arxentina buscando un futuro mellor para eles e para as súas familias que quedaban en España.50 anos pasaron desde que os meus pais españois: Dona Pilar (Galega) e Don Juan (Asturiano) botaron raíces a unha terra nova: Arxentina, e aferráronse con todas as súas forzas gañándose o respecto e o prestixio dunha vida de traballo e bo facer, pero Arxentina púxose negra e en 2002 emprendemos xunto a eles, o retorno de toda a familia á terra da orixe: Galicia, para volver empezar de cero unha vez máis.
Máis vídeos de Juan Carlos Cambas