Pianista, arranxista e produtor arxentino residente en Galicia desde 2002. De formación clásica, comeza a afondar na música arxentina de raíz folclórica en 1992.Entre 2010 e 2019, Juan Carlos foi pianista acompañante da cantante portuguesa Dulce Pontes nas súas xiras internacionais por 26 países de: Europa, América do Sur e Central, África e Rusia.DISCOGRAFÍA:En 1997 edita en Arxentina “Solo luz”, o seu primeiro CD e casete como solista. En 2007 edita en España o CD+DVD “Almas en el viento/Música arxentina de raíz” xunto a grandes artistas do seu país: Mercedes Sosa, Jaime Torres, Jairo, China Zorrilla, Abel Pintos, etc. Este traballo foi declarado de interese nacional pola Secretaría de Cultura de Arxentina. O CD+Libro foi reeditado en 2009 a beneficio de Proxecto Home.En 2021 edita “A viaxe/Dende Arxentina ata Galicia”, un traballo conceptual con 30 artistas convidados de: Arxentina (León Gieco, Julia Zenko, Piero, Juan Baglietto, Sandra Mihánovich, Nahuel Pennisi, etc.); España (José Sacristán, Uxía, Kepa Junkera, Orquestra da USC, Daniel Casares, etc.); Portugal (Dulce Pontes, João Afonso) e a colaboración especial de Silvio Rodríguez (Cuba), nunha viaxe integradora e enriquecedora con 18 portos por descubrir. O proxecto foi declarado de interese cultural polo Ministerio de Cultura arxentino.RECOÑECEMENTOS:En 2018 o pianista foi recoñecido polo Estado Arxentino pola súa contribución en difundir a imaxe e os valores da República Arxentina.
Contratación
ArgengaliciaJuan Carlos Cambas +34 667 442 728 - +34 986 500 111 contacto@argengalicia.com