Vídeos
Toda esta gente
ARDE
En decembro de 2024 lanzamos «Toda Esta Gente», un himno de autodefensa e orgullo nun mundo que empurra a encaixar. É unha canción que fala de quen non se esconde, aínda que o prezo sexa que medio país te odie por ser ti mesma.O videoclip estreouse en Garra Espacio Creativo, o local cultural de Pamela Rodríguez en A Coruña. Estamos flipando bastante coa acollida, se che somos sinceras. É o primeiro paso de todo o que ven!