• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
arde

Somos arde, un cuarteto de powerpop que mistura guitarras afiadas, baixos potentes e letras que queiman. Movémonos entre o pop e o rock alternativo, con influencias como St. Vincent, King Princess, Hinds, Shego e DJO.

Nas nosas cancións, gústanos facer reflexión social e contar historias sobre identidade e o mundo que nos rodea. Montamos este grupo para sacar todo aquilo que nos queimaba por dentro, de aí o nome 🙂.

Para nós, o directo é todo. Queremos que os nosos concertos sexan un lugar onde poidas gritar, bailar e sentir sen filtros. A nosa música está pensada para soar forte, para conectar e para facer que cada show sexa unha experiencia humana e real.

Contratación

Marta Collazo
664 316 289
hola@arde.band

Discografía

Toda esta gente (Single)

ARDE

2024, Independiente

Cona (Single)

ARDE

2024, Independiente

For a friend (Single)

ARDE

2024, Independiente

Disclaimer (Single)

ARDE

2024, Independiente

Vídeos

Toda esta gente

ARDE

Tal vez tamén che gusten