• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Peixe no millo

LONTRAS

Voz e guitarras: Juan Arca
Piano: Sunil López
Sintetizadores: Zalo Rodríguez
Violín: María Jorge
Violonchelo: Clara Virseda

Dirección e guión: Miguel Méndez (@fotomatong) e Marta Ferrer (@marte_martinka)
Fotografía: Miguel Méndez
Arte e vestiario: Marta Ferrer
Montaxe e cor: Miguel Méndez

Gravado por Juanjo Abella en Garaxeland (Santiago de Compostela)
Producido por Juan Arca
Mesturado por crnds no estudio de Lindisfarne
Masterizado por Alex Ferrer

Agradecementos: a Sergio polos aparellos, Ángel e Tere por deixarnos o local, Conchi e Polo pola roupa, "As dúas e punto" e Nonononlab polo material, e a Cachalote por dalo todo.

LETRA:
Peixe no millo non volve ó mar
Leva xa o bandullo cheo das verdades capitais

No seu embigo cheo de sal
A ilusión desaparece igual que na boca dun volcán

Peixe no millo, cara de can
Carácter pendular

Os teus veciños míranme mal
Por ser eu impermeable ó teu engado natural

Peixe no millo, es todo mal
Non lle chamen asasino, pois o becho hai que matar

Peixe de río ata o final
Un gusto peculiar

Déixalle sitio, déixao pasar
Ó peixe nada o vai parar

Distribuído por Raso Estudio