• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Lontras

Lontras é unha banda viguesa formada por Juan Arca (guitarra e voz), Zalo Rodríguez (sintetizadores) e Sunil López (piano). Serpeando nun código sonoro no que se respiran ecos que van desde Chico Buarque a Rodrigo Amarante, de Wilco a Boards of Canada, o imaxinario estético de Lontras resoa como unha curiosa xénese na que o jazz, a indietrónica, la canción ibérica, a música clásica contemporánea e o pop alternativo máis maduro se dan a man. Nas súas cancións, as evocadoras letras combínanse con harmonías sofisticadas e unha produción preciosista e rica en detalles, construíndo verdadeiras paisaxes sonoras que estimulan a imaxinación dos seus ouvintes.

Os seus directos caracterízanse pola frescura e a espontaneidade. A guitarra e a voz serven como fío condutor e base para que piano e sintetizador despreguen toda unha gama de recursos harmónicos e tímbricos que dotan de profundidade ás composicións. A forte compoñente improvisatoria fai que as cancións nunca soen dúas veces do mesmo xeito, dando lugar a unha experiencia única e vibrante en cada concerto.

Contratación

Juan Arca
664 55 66 51
lontraslontraslontras@gmail.com

Discografía

Peixe no millo

LONTRAS

2025, Raso Estudio

Vídeos

Peixe no millo

LONTRAS

Tal vez tamén che gusten