Vídeos
Keep on Moving
GREY CITY FUNK
Keep on moving é unha canción orixinal única, unha mestura entre rock progresivo e funk onde as partes que conforman a estrutura da canción non se repiten ao longo dela. Un novo concepto de ver a música onde non hai verso nin coro senón que cada parte vai enlazada unha tras outra, fluíndo e avanzando continuamente sen repeticións ata o final da obra.É como unha mini obra clásica. Ten unha obertura cun riff con tinte setentero, logo un pre-coro onde se desenvolve este riff, logo enlaza cun cambio de harmonía cunha base rítmica funky na que sería a parte central que serve de ponte para o movemento final.
Máis vídeos de Grey City Funk