• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Grey City Funk

“Grey City Funk” é unha banda ferrolá formada por 4 músicos: Marcos Sánchez á batería, Beny Bouza ao baixo, Manuel Quintas (“Johnny Fingers”) nos teclados e Antonio López (“Endorfino”) á guitarra.

As composicións de GCF caracterízanse por unha gran riqueza melódica, servida sobre unha base rítmica poderosamente entrelazada e teclados cun sabor antigo. Como resultado, temos unha mestura única de Funk/Soul/Prog/Fusión, maiormente composicións instrumentáis, que son accesibles para todo tipo de afeccionados á música.

Actualmente estamos a presentar o disco de longa duración titulado “Welcome to the Grey City Funk”, que contén oito composicións orixinais.

Contratación

Manuel Fernández Quintas
619 063 525
lolosurf@gmail.com

Discografía

Welcome to the Grey City Funk

GREY CITY FUNK

2025, Autoeditado

Vídeos

Keep on Moving

GREY CITY FUNK

Soul Out

GREY CITY FUNK

Tal vez tamén che gusten