Vídeos
Cantiga do Neno da Tenda 2
PANOSEÁN
Presentamos a nosa versión de "A cantiga do neno da tenda", un dos poemas máis icónicos de Federico García Lorca, incluído en Seis poemas galegos.O poema trata sobre a emigración galega en Buenos Aires. Describe a nostalxia e a soidade dun mozo que traballa nunha tenda na rúa Esmeralda, lonxe da súa terra. Con este arranxo, buscamos tecer a ponte entre a nosa tradición literaria e a sonoridade actual do noso proxecto.🎻 Panosedán somos: Pilocha e Lis Latas (voces), Pablo Gómez (dirección e piano), Ara Martínez (contrabaixo), Carlos Vázquez "Maní" (percusión) e a colaboración especial de Xan Durán (mandolina e bouzouki).🎥 Vídeo gravado por Bego Pérez (@bego_perez_fotografa) no Obradoiro Lis Latas (Lugo).Contacto e Redes Sociais:📧 panosedan25@gmail.com📸 Instagram: @panosedan
