Vídeos
Lille
CRÓ!
Lille é a cidade francesa onde Cró! deu un concerto surrealista nunha pizzería-karaoke para entre dúas e ningunha persoa. Despois de tal “abrumador éxito” aceptaron os cinco bolos de pan que unha emprgeada forneou para eles e partiron, sen durmir, na furgoneta cara ao mar do norte. Unha viaxe de 12h que os levaría ata a Zapanalle un festival no que cunha grande acollida, venderían máis de 200 discos nunha noite e tocarían xunto aos míticos Magma. O tema narra os diferentes divertimentos que tiñan lugar na furgoneta para non aburrirse, dicir os 50 estados de USA, facer pequenas peliculas, dicir a “A” mais curta do mundo ou facer xogos de máxia. Finalmente despois de toda a noite conducindo chegarían a Zapanalle, o seu particular Valhalla. ----------------------------Music by Cró!Track recorded, mixed and mastered by Pablo Iglesias at Radar Estudios (Vigo, Spain)Filmed and edited by Cró!Thanks to SAIRACAZ(C) 2022, Cró! (P) 2022, Spinda Records & Kill Vinyl Records
Máis vídeos de Cró!