• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Cró!

CRÓ! é o seu nome, o seu mantra particular, o eco dentro do Nierika, o clamor shamánico que xorde baixo o formigón do Vigo industrial. O cuarteto desborda o estanque que chamamos rock, derrama jazz, música clásica, free, hardcore, músicas do mundo...

A medio camiño entre King Crimson, Dillinger Escape Plan, Huun Huur Tu, Radiohead, Fugazi, Igor Stravinsky, Atomic, The Bad Plus... Cró! acadan asimilar todas as linguaxes, destilalas, pinga a pinga, nun esforzo sintético sen igual na historia da música eléctrica española, culminando cos seus catro extraordinarios traballos desde o seu nacemento en 2007: “Cró” (2009), “Onkalo” (2012), “Pera” (2014) e “Mounstros” (2016).

O seu recoñecemento de crítica a nivel nacional e internacional onde, sen dúbida, o seu feroz, desapiadado e á vez sutil, virtuoso e minucioso directo deixa patente que son unha das bandas máis en forma do panorama.

Actualmente a banda presenta “BUAH!” (Spinda Records/Kill Vinyl Records, 2022), unha nova aventura sonora que indaga nas matrices da música electrónica, pero sen abandonar a canción e as súas ferramentas analóxicas; un proceso creativo novo que, como cada paso da banda, non fixo máis que dilatar e desenvolver a capacidade e as habilidades dos seus catro executantes: Xavier Núñez (teclados, voz), Rubén Abad (guitarra, voz), Cibrán Rey (batería, voz) e David Santos (baixo, voz).

Contratación

Spinda Records / Metamovida
David Santos
(+34) 669 391 921
info@spacecro.com

Discografía

Buah!

CRÓ!

2022, Spinda Records/Kill you Vinyl Records

Mounstros

CRÓ!

2016, Metamovida, Nooirax, La Choza de Doe

PERA

CRÓ!

2014, Metamovida

Onkalo

CRÓ!

2012, Metamovida

Dime que quedó grabado (Improvisaciones)

CRÓ!

2011,

Cró!

CRÓ!

2009, Rostchild Records

Vídeos

Diola gigante

CRÓ!

Lille

CRÓ!

Buah!

CRÓ!

"PDF" Live en La Cortina Roja

CRÓ

Videovigilada

CRÓ

Calíope

CRÓ!

Tal vez tamén che gusten