Vídeos
Buenos Aires
XOEL LÓPEZ
O tema "Buenos Aires" é froito da mirada persoal do artista galego sobre a súa nova cidade de acollida. Desde un punto de vista autobiográfico, Xoel resume os seus últimos anos de vida nunha canción que non trata só sobre esta cidade, senón tamén sobre o camiño que o levou a chegar ata ela.O videoclip de "Buenos Aires" pretende achegarse ao punto de vista de Xoel no momento en que chega e compón a canción. Para iso busca unha mirada entre o propio e o alleo. Entre o coñecemento da cidade e o punto de vista do forasteiro.Por este motivo o realizador vigués Alberto Baamonde (Zinqin Audiovisual - Esmerarte) trasladouse a Bos Aires a formar equipo coa fotógrafa arxentina Lola García Garrido.Lola foi a guía, a que lle levou polas revoltas de Bos Aires que inspiraron a Xoel na composición desta canción.Alberto puxo da súa parte o punto de vista estranxeiro, o do visitante, o que se fixa neses detalles que para os arxentinos son tan propios e habituais que só desde fóra se poden apreciar.Xoel López é a terceira parte: o protagonista. Con el percorreron a cidade e gravaron varias tomas interpretando o tema.
Máis vídeos de Xoel López