Vídeos
Presentación
ANGELES DORRIO
Ángeles Dorrio lanza o seu novo álbum debut dunha longa carreira no mundo da música como cantante e profesora de canto."Ten Soul" reúne diferentes estilos musicais que influíron nesta compositora a través dos anos: jazz, soul R&B, pop e folk, Cunha voz profunda e única, Dorrio vai acompañada de grandes músicos nesta aventura: o cubano Sergio Delgado, como arranxista, pianista e director musical e os novos músicos galegos Alejandro Masafret no baixo eléctrico e Miguel Lamas na batería.Por outra banda, conta coas colaboracións do gran saxofonista Pablo Castaño e da extraordinaria vocalista Carmen Rey."Ten Soul" foi gravado e mesturado en Nakra Estudios (A Coruña) por Pachi Baldomir e José Puga. Varios pianos acústicos foron gravados en Estudios Bruar (A Coruña) por Javier Ferreiro.A masterización foi realizada en Digido Estudios (Florida, USA) polo mestre en mastering Bob Katz.O deseño do CD e as acuarelas da man da artista Celia Pía.
Máis vídeos de Ángeles Dorrio