• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Ángeles Dorrio

Angeles Dorrio é unha vocalista galega cunha longa experiencia no mundo da música, que participou en traballos discográficos de diversos artistas (Luar na Lubre, Carmen Rey, McRimas, etc.). Estudou técnica de voz (voice craft) con Helen Rowson e Paul Harrington, así como harmonía, improvisación e canto moderno na Escola-Estudio (Santiago de Compostela). Viaxou ata Londres para completar a súa formación na Guildhall School of Music and Drama.

Dorrio foi a voz solista feminina do grupo de acid jazz VenueConnection, chegando a presentar o seu terceiro disco nos Conciertos de Radio 3.

Actualmente forma parte do trío Gospel 3, do cuarteto vocal Ejazz —galardoado dúas veces co Martín Códax— así como do coro Sisters in the House, entre outros.

Simultaneamente, exerceu como profesora de canto moderno na Coruña: na Escuela de Danza Soul (2003-2016) e na Escuela de Músicos (2005-2011), e foi colaboradora do programa de radio “Voces da Coruña” durante 11 tempadas. Na actualidade é profesora de canto no seu propio estudo.

En decembro de 2013 lanza o seu primeiro cedé en solitario, "Ten Soul"; dez cancións que axuntan os diferentes estilos musicais que influíron a esta compositora ao longo dos anos: o jazz, o soul, o R&B, o pop e o folk.

En decembro do 2021 sae a luz o seu segundo traballo,“Selegna”; un EP de catro temas moi persoais e diferentes ao mesmo tempo, que está a comezar a presentar en directo.

Contratación

Xita Promotora
Miguel Queixas
(+34) 661 911 081
info@xitapromotora.com

Discografía

Selegna

ANGELES DORRIO

2021, Autoeditado

Ten Soul

ANGELES DORRIO

2013, Autoeditado

Vídeos

La Perla

ANGELES DORRIO

Terra de Muller

ANGELES DORRIO

Presentación

ANGELES DORRIO

Tal vez tamén che gusten