Vídeos
Muiñeira de Marita
LEIRABUXO
O domingo 13 maio de 2018, Leirabuxo presentaba, dentro da Festa do Melindre de Melide, o seu segundo disco «MINIMUN» na compaña dos que foron os seus colaboradores na gravación. Ao escenario de Leirabuxo subiron as pandereteiras de Xirandola, que os arrouparon coas súas voces na «Muiñeira para Marita»; máis tarde Xoán Porto (Guancho) puxo a súa voz en «A Breholeira». Na pequena regueifa de «O xastre», con letra de Mero Iglesias, o saxo caeu nas mans de Carlos Mazás, músico colaborador do grupo en múltiples ocasións. O bis do final tamén tivo colaborador de luxo, o grupo Zënzar deulle unha volta rockeira a «Cantiga de Melide-de rapaz» e durante a súa interpretación subiu ao escenario Paco Cerdeiras. Gran noite de amigos e músicos...
Máis vídeos de Leirabuxo