Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide (A Coruña) e arredores en 2010, froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da música tradicional.As inquedanzas destes catro amigos fixeron que se xuntaran para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galicia con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome: Leirabuxo. Nos seus comezos, o proxecto estaba composto por Manuel Varela (acordeón), Román Varela (tamboril), Carlos “Pulgui” Varela (bombo), e Carlos Fandiño (gaita); posteriormente incorporáronse X. Luis Barreiro (gaita), David Fernández (saxofón barítono) e as voces de Carla e Lía Rey.En 2014 gravan e editan o seu primeiro traballo discográfico, que sae ao mercado baixo o título “Pé de ouro, raíces de prata” (2014) no que se aprecia o mellor do seu repertorio repartido en 12 cortes.Nestes case oito anos de existencia, Leirabuxo xa participou en múltiples festivais, tales como o Festival de Pardiñas, Festival de la Luz, Son do Masma, Festival do Melindre e outros moitos eventos e festas ao longo de toda a xeografía galega.A principios do 2018 ve a luz o seu segundo traballo discográfico, “Minimum” (2018), no que a identidade musical da banda consolídase definitivamente. “Minimum” é un disco de música sobre todo orixinal, pasada por ese coador tan personal que fai que soe a Leirabuxo.
Contratación
LeirabuxoAngel Fernández / Manuel Varela 640 058 414 - 677 732 706 leirabuxo@gmail.com