• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Festival Vertixe Sonora

Festival Vertixe Sonora Festival Vertixe Sonora

Contacto

(+34) 986 128 933
(+34) 639 662 755
http://vertixesonora.net
info@vertixesonora.net

Festival Vertixe Sonora

O Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora ofrece unha panorámica ampla e desprexuizada da creación sonora internacional. Unha proposta de programación que recolle o diverso acontecer sonoro da nosa época e que contribúe ao recoñecemento internacional da nosa comunidade e á construción dunha identidade artística sólida e de prestixio para o territorio.

Na súa programación inclúe:

—Concertos de música contemporánea
—Concertos de música electrónica
—Concertos de música improvisada
—Intervencións de arte sonoro
—Obradoiros e conferencias especializadas
—Cursos de achegamento ao sonoro
—Actividades de dinamización para os máis novos

En 2016, o Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora expándese a Pontevedra tras tres primeiras edicións en Vigo de maneira exclusiva. Nesta cuarta edición son xa dúas as cidades comprometidas coa música contemporánea, cuxos espazos, desde ermidas a teatros, serán explorados en todo tipo de formatos polos sons avanzados de outubro a decembro. O Festival Vertixe Sonora conta coa presenza de compositores e intérpretes de referencia, froito do intenso traballo en rede que o ensemble desenvolve ao longo do ano na escena internacional.

Promotores: Vertixe Sonora

Ano de creación: 2013

Periocidade: Anual

Duración: 2 meses

Lugar de celebración: Vigo, Pontevedra

Datas aproximadas de celebración: Outubro, Novembro

Tal vez tamén che gusten