• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Esmorga Fest

Esmorga Fest

O ESMORGA FEST é un festival de celebración para todos os amantes da música independente e do underground que ten lugar na vila de Sarria, e que ten cómo obxectivo a creación dun festival de referencia na provincia de Lugo e Galicia.

SARRIA é o lugar escollido polos organizadores do festival, por ser a súa terra natal, a cal queren mostrar o exterior como un lugar onde SÍ se fan cousas. O lugar escollido, a sala LITMAR, onde xa se celebrou a primeira edición e tivo unha gran acollida polo público.

A historia da música nesta vila alanzou un novo recoñecemento coa celebración no 2015 da primeria edición do ESMORGA FEST. Cun pequeno camiño todavía percorrido, este festival xa se gañou o recoñecemento nacional no panorama musical da escena independiente e son xa moitas as revistas de este ámbito que sinalan ao festival como xoven promesa. Fieis ao seu estilo, acercaron a Galicia na súa primeira edición bandas de renome internacional, como Za!, e nacional como Guerrera, Los Nastys, Jay, Puma Pumku...

Promotores: Asociación EsmorgArt

Ano de creación: 2015

Periocidade: anual

Duración: 1 día

Lugar de celebración: Sarria (Lugo)

Datas aproximadas de celebración: 11 e 12 de marzo

Tal vez tamén che gusten