• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

3 DÍAS, 45 CONCERTOS, 40 PAÍSES

3 días, 45 concertos, 40 países
8 SETEMBRO 2016

Amantes da world music, se queredes desfrutar do WOMEX, non fai falta que sexades uns pros do panorama musical, xa que este ano a feira ofrece sesións abertas ao público os días 20, 21 e 22 de outubro en cinco escenarios diferentes, e con dous tipos de entradas a elixir!

 

As entradas indiviuais para o WOMEX Quintana Festival dávos acceso a 6 concertos na praza da Quintana, onde poderedes ver as 18 bandas da Selección Oficial as noites do 20 ao 22 de 21:00 a 00:45 h por só 20 euros/día máis gastos:

Xoves 20: Maia Barouh (Xapón/UK), Faada Freddy (Senegal/Francia), Trad. Attack! (Estonia), NY Gypsy All Stars (Macedonia/Turquía/Grecia/EE. UU.), MHD (Francia), Puerto Candelaria (Colombia).
Venres 21: Bixiga 70 (Brasil), Mehdi (Marrocos), La Negra (España), Oligarkh (Rusia), Throes + The Shine (Angola/Portugal), Dudu Tassa & The Kuwaitis (Israel).
Sábado 22:Radios Cos (Galicia), Bargou 08 (Túnez/Bélxica), United Vibrations (Reino Unido), Noura Mint Seymali (Mauritania), Jupiter/Okwess (RD Congo), Kondi Band (Serra Leoa).

 

Se sodes dos que tedes marcha para dar e regalar, mercade entón o bono full pass co que poderedes asistir a 45 concertos (os 18 da Selección Oficial incluídos) e 5 DJ sessions en 5 escenarios diferentes durante os tres días por 55 euros máis gastos:  Bulide que só hai 200 dispoñibles!

Carpa da Quintana (Selección Oficial): Radios Cos, Maia Barouh, Faada Freddy, Trad. Attack!, NY Gypsy All Stars, MHD, Puerto Candelaria, Bixiga 70, Mehdi Nassouli, La Negra, Oligarkh, Throes + The Shine, Dudu Tassa & The Kuwaitis, Bargou 08, United Vibrations, Noura Mint Seymali, Jupiter/Okwess, Kondi Band.
Auditorio Abanca (Selección Oficial): Black String, The East Pointers, Okra Playground, Delgres, C4 Trio, Bella Ciao, Edmar Castaneda Trio, Gisela Joao, Adnan Joubran.
Teatro Principal (Atlantic Connections):Xabier Díaz, Narf & Timbila Muzimba, Bareto, Niño de Elche, Xarnege, José Mucavele, Nakany Kanté, Quinteto Bataraz, Pascuala Ilabaca e Fauna.
Salón Teatro (offWOMEX): TBC, Reyfado Lisboa, Les Tireux D’Roches, Boogat, Quique Escamilla, H’Sao, Nomade Orquestra, Anelis Assumpçao, Maltese Rock.
Sala Capitol (DJ Summit): DJ Rachael, Acid Arab DJ Set, El Remolón, Hatim Belyamani, DJ Satelite.

  noticias