11 CANCIÓNS TRADICIONAIS QUE SEGURO QUE ESCOITACHES ALGUNHA VEZ
Con isto do WOMEX 16 estamos que non paramos con música de tódolos recunchos do mundo. E como Galicia será a anfitroa deste gran evento, seguro que dende calquera punto estarán desexando escoitar a música que se fai aquí. Pero hai tanta variedade… Por onde empezar? Por iso decidimos escoller un repertorio de cancións tradicionais galegas interpretradas por algúns dos músicos da nosa plataforma e que seguro que escoitaches algunha vez. Dende o máis puro estilo popular con gaitas e tamborís, ata o toque blues máis profundo con voces que rompe os esquemas da tradición. Ao fin e ao cabo, a música é unha das mellores mostras culturais dun país.
1. Son do ar - Luar na Lubre
2. Alalá das Mariñas – Uxía & Narf
3. Muiñeira de Pontesampaio – BellónMaceiras
4. O meu amor – Leilía
5. Pasodobre de Mallou – A Banda das Crechas
6. O andar miudiño – A Roda
7. Muiñeira de Chantada – Brigan
8. Pousa – Zurrumalla
9. Pasodoble dos cabezudos – Fuxan Os Ventos
10. Cántocha de mala ghana – Mónica de Nut
11. Aires de Pontevedra – Milladoiro