• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

VOLVEN! ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2017

Volven! Aberto o prazo de inscrición para os Premios MIN 2017
17 XANEIRO 2017

Algún indie (recoñecido) na sala? Porque tedes ata o 31 de xaneiro para presentar a vosa candidatura aos Premios da Música Independente 2017. Os MIN, organizados pola Unión Fonográfica Independente, recoñecen a creación, diversidade e calidade artística das produccións independentes publicadas en España, ademais de dar a coñecer a artistas emerxentes, acercar a música e o seu proceso de produción ao público e consolidar o recoñecemento da actividade creativa.

Se eres artista ou profesional do sector con algunha gravación (álbumes, EPs ou sinxelos) publicada en 2016 por selos independentes ou autoeditada, inscríbeche ¡de balde! En premiosmin.com; discográficas, editoriais musicais, managers, ou mesmo ti, poden subir a candidatura á web.

Nesta 9ª edición, a UFI aposta por unha maior participación do público, polo que inverteron o proceso de votación. Así, o público escollerá aos 30 semifinalistas de cada categoría entre todos os inscritos e, na seguinte fase, un xulgado profesional seleccionará aos nomeados. Os gañadores daranse a coñecer na entrega de premios que se celebrará o 28 de marzo no Teatro Nuevo Apolo (Madrid).

Premiaranse 22 categorías:

Álbum do ano • Canción do año • Mellor artista • Mellor artista emerxente • Mellor videoclip • Mellor directo • Mellor álbum de pop • Mellor álbum de rock • Mellor álbum de músicas do mundo e fusión • Mellor álbum de jazz • Mellor álbum de hip hop e músicas urbanas • Mellor álbum de flamenco • Mellor gravación de electrónica • Mellor álbum de clásica • Mellor álbum en catalán • Mellor álbum en euskera • Mellor álbum en galego • Mellor artista internacional • Mellor produción musical • Mellor deseño gráfico • Mellor fotografía promocional • Premio de Honra Mario Pacheco.

  noticias