• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

31 SALAS. 32 ARTISTAS. 111 ACTUACIONES

31 salas. 32 artistas. 111 actuaciones
19 XULLO 2017

Unha trintena salas repartidas polas catro provincias seguen a colaborar coa Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido pola Agadic, ofrecendo unha canle de exhibición estable para artistas galegos e unha proposta máis variada, tanto en estilos musicais como en descentralización xeográfica, para os espectadores.

Co obxectivo de aportar estabilidade á programación de salas galegas de música en directo e favorecer a difusión dos artistas, o calendario cultural de xullo a decembro está composto por 111 actuacións (109 concertos e 2 actuacións de maxia) por parte de 32 formacións artísticas, na súa maioría galegas.

Entre os participantes destacamos a Caxade, Eladio y Los Seres Queridos, IGMIG, Blues do País, Agoraphobia, Emilio Rúa, Cora Sayers, Igloo e Gelria. A programación contará tamén con actuacións por parte de Alfredo García Quintet, Los Mecánicos, Tanxugueiras, Dakidarría, Raiba, Brinkadelia Troupe, Habelas Hainas e Bicos con Luvas, entre outros; e as funcións de maxia do Mago Deimi na Sala Muíño (Cervo) o 25 de novembro e en A Fundación (Melide) o 8 de decembro.

As salas asociadas á RGVM están repartidas en 20 localidades de toda Galicia: A Coruña, A Illa de Arousa, Allariz, Baiona, Bueu, Cangas de Morrazo, Cervo, Culleredo, Ferrol, Laxe, Lugo, Melide, Moaña, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

E como os pequenos detalles son os que marcan a diferenza, para estar ao tanto de día-hora-lugar-precio, visitade www.cultura.gal/axenda e www.agadic.gal/Axenda.

  noticias