• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
izq noticias  

11 CANCIÓNS PARA ABRIR O APETITO

11 CANCIÓNS PARA ABRIR O APETITO
8 SETEMBRO 2017

Benvido! Por favor, adiante, tome asento. Grazas por vir ao restaurante Galician Tunes, onde os cociñeiros son os nosos artistas. A nosa carta está deseñada para que se lle faga a boca auga mentres desfruta da boa música, así que non esperemos máis e permítanos comezar co menú.

 

1. Primeiro, a bebida, de quen se encargou Esposa. Non nos queda moi claro que é exactamente o que leva, pero eles din que Sabe a limón.

 

2. Comecemos con algo lixeiro, os mozos de Novidades Carminha presentan unha ensalada variada onde o ingrediente estrela cae ben forte: Ensalada de ostias.

 

3. O noso menú conta tamén cunha variedade de pratos exóticos. O chef Rubén Artabe preparou unha delicada especialidade oriental na que o principal ingrediente, ademais do arroz, é Alga colorida.

 

4. Desde o Norte e sobordando enerxía, Duister deixa sobre a mesa un potente prato de Fabada Cósmica, co seu chourizo, touciño, morcilla e un resaibo que lles transportará a outra galaxia.

 

5. Ademais da tradicional fabada, diola trae á mesa unha receita que, aínda que polo nome non convenza a todos os padais, sempre pode sorprendernos. Acompañado dunha cebola dourada e confeitada presentan Riñones.

 

6. Pasando á sobremesa, ofrecemos algo co que poder dixerir todo o anterior. Aphonnic decidiuse por algo simple, aínda que con moito sabor: Fruta Fresca.

 

7. Hai un dito que di “se non lle gusta, tome dúas cuncas”, Trilitrate serve o seu prato e retan aos comensais para probar o seu Frutal Death.

 

8. Acabada a comida, ninguén se levantará da mesa sen ser convidado a unha copiña. Os cócteles corren da man dos Paracetamol que lles convidan a mover un pouco o corpo co seu Daiquiri y rocanroll.

 

9. A esta convida a casa! Orlando Dees insiste en que non deben levantarse da mesa sen antes tomar un par de chupitos de Licor café.

 

10. Menuda sorpresa! O dúo Presumido non quixo quedar atrás e acaba de chegar ao restaurante cunha bandexa pero, que é o que hai dentro? Parece que simplemente haberá que probalo e degustar as súas Cosas raras.

 

11. Agradecemos que elixise este restaurante e esperamos que desfrutase de todos os pratos. Por último, queremos pedir perdón e recomendarlle unha visita ao doutor, parece a Travesti Afgano caéuselle algo de Veneno na comida, ups!

ETIQUETAS

izq noticias