• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 CON DESCONTO

11 CON DESCONTO
6 XULLO 2018

Disque a música amansa as feras e, ultimamente, tamén aos clientes. Xa hai un tempo que as grandes cadeas textís utilízana como outra ferramenta máis de marketing, cunhas listas de reprodución dignas de calquera sábado noite; aquí é cando nos entra a dúbida de probarnos uns pantalóns ou pedir unha copa.

 

En tempada de rebaixas, cando as tendas se converten nun campo de batalla e apreciamos como nunca antes as etiquetas vermellas e os símbolos de porcentaxe, o fío musical convértese no noso compañeiro fiel durante a procura de gangas, ese que nos recibe ao entrar na tenda, incítanos sutilmente a revolver entre as moreas de roupa, amenízanos a espera na interminable cola dos probadores e, finalmente (se houbo sorte!), despídenos na caixa.

Desde pop ambiental e indie ata rock, garage e techno, vos deixamos unha listaxe de once temas dos nosos artistas e grupos para que estas rebaixas, ademáis de abrir a carteira, abrades tamén as orellas!

 

Buried by IgnoranceIvy Moon

 

SuperflyMr Magoo

 

En el surAries

 

I Like Your FaceGonzalo Arca

 

SkeletorBifannah

 

SunburstPálida

 

StillDavid Vázquez ft. Yellow Belly

 

VendettaPresumido

 

Pretty & Billy The KidAgoraphobia

 

Start Your New LifeMadhero

 

Dancing In The DarkPatricia Moon

ETIQUETAS

  noticias