• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11+1 VIDEOCLIPS PARA IR DE PRAIA EN PRAIA: O DESAFÍO

11+1 videoclips para ir de praia en praia: O desafío
10 AGOSTO 2018

Porque ao chegar agosto, vaia vaia, aquí si hai praia (parafraseando a The Refrescos), propoñémosche un reto: serías quen de averiguar que areais galegos son os que aparecen nestes 11 videoclips? Vaites, que si, que isto é como unha especie de «videoclip beach challenge», só que o podes facer na casa (ou na praia!) tranquilamente e sen poñer en risco a túa integridade física.

Xa che adiantamos que algunha das praias non é difícil de localizar. O que non é doado, xa o verás, é acertalas todas. E non só porque en Galicia haxa máis de 700 praias espalladas polos 1.280 km de costa que ten o país. A cuestión é que nalgúns dos vídeos apenas hai referencias para saber que areal estamos vendo. Sempre podes tirar do fío doutros indicios... En fin, ninguén dixo que fora ser fácil. Darémosche só unha única pista: os videoclips están ordenados xeográficamente.

Se che pode a preguiza ou pides papas, fai clic en "pides papas?" e poderás ver a praia en cuestión a vista de paxaro e averiguar tamén como chegar a ela.

E que hai da 11+1? Pois esa última non a atoparás nos mapas ;).

NOTA: Por se tes curiosidade, a praia da foto que ilustra a noticia é a praia de Lourido en Poio (Pontevedra) coa illa de Tambo de fondo

 

1. Tierra, Xoel López e Iván Ferreiro. Pides papas?

 

 

2. O BarqueirinhoFernando Barroso con Margarida Mariño. Pides papas?

 

 

3. SolsticeCool Funeral. Pides papas?

 

 

4. Ostiá!Igmig. Pides papas?

 

 

5. El tiempo muertoMúsculo! Pides papas?

 

 

6. VoarNastasia Zürcher. Pides papas?

 

 

7. Xira de NadalDe Vacas. Pides papas?

 

 

8. Ensíname a durmirChicharrón. Pides papas?

 

 

9. Rei das MareasSerj. Pides papas?

 

 

10. Mente en brancoGuadi Galego. Pides papas?

 

 

11. Baleas MasterCupeiro & Yukhnevich. Pides papas?

 

 

 

11+1. Nada máisRuxe, ruxe

 

  noticias