• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

DE FESTIVAL EN FESTIVAL... E TIRADE PORQUE TOCAN OUTRA! FESTIVAIS DE XULLO

DE FESTIVAL EN FESTIVAL... E TIRADE PORQUE TOCAN OUTRA! FESTIVAIS DE XULLO
28 XUÑO 2019

A Candeloria, o Esmorga, a Melona, o FIV, o Surfing... si, xa levamos varios enriba, pero por aquí temos batería de sobra para desfrutar dos festivais de GalicianTunes que trae xullo e que vos deixamos, xunto con ligazóns de interese, para que escollades o que mellor se adapte a vós entre os diferentes xéneros musicais: hardcore, metal, rock, pop, clásica, indie, jazz... que non vos decidides? Pois a desfrutalos todos!

 

 

 

 

 

RESURRECTION FEST

O maior festival de hardcore, punk e metal de España nunca defrauda e sempre supérase. Creado por e para os fans, o «Resu» leva xa 13 edicións e segue a sumar seguidores. Nos Iberian Festival Awards 2019, o xurado coroou ao Resurrection Fest como Mellor Cartel por segundo ano consecutivo.

 

Cando?: 3 - 6 de xullo

Onde?: Viveiro (Lugo)

Quen?: [Horarios]

Mércores 3 Kvelertak · Ignite · Municipal Waste · Bury Tomorrow · Devil In Me · Archivo Adxunto · Back In Town · Bandera Negra DJs

Xoves 4 Slayer · Parkway Drive · Gojira · Crystal Lake · Cane Hill · Trallery · Batushka · Power Trip · Leo Jiménez · Altarage · Kause 4 Konflikt · Meltdown · Lóstregos · The Adicts · Terror · Misconduct · Higher Power · Kitai · Main Line 10 · Catorce · Control de Plagas · Brant Bjork · Toundra · Cró! · Caboverde · Bones of Minerva · Electric Monolith · Voltaia · Cabeza de Caballo

Venres 5 Slipknot · Arch Enemy · Trivium · While She Sleeps · Brothers Till We Die · Misiva · Cradle of Filth · Avatar · Wormed · Serrabulho · Childrain · Cathexia · Megara · Millencolin · Converge · Venom Prison · Birds In Row · Mute · The Black Panthys Party · Just · Avida Dollars · Radio Moscow · The Ocean · The Black Wizards · Wet Cactus · Santo Rostro · Neila · Moura · Dagla

Sábado 6 King Diamond · Within Temptation · Lamb of God · Testament · Alien Weaponry · Celtibeerian · Crisix · Misery Index · Vhäldemar · Strikeback · Tálesien · Perpetual Night · Berri Txarrak · Nasty · Brutality Will Prevail · Eraso! · Close To The Sky · Morgen · Less Fortunate Songs · Cult of Luna · Colour Haze · Troubled Horse · Cobra · Atavismo · Miss Lava · Syberia · Cordura

Canto?: Compra online anticipada enhttp://www.resurrectionfest.es/entradas con entradas de día desde 12€ ata 85€ máis gastos de xestión.

Máis?: Como en anos anteriores, o festival ofrece varias opcións de acampada: ResuCamp a poucos metros do recinto e preto da praia de Celeiro con WC, duchas de augua quente, servicio de cafetería, enchufes, aparcadoiro, WiFi e seguridade; esta opción xa está agotada. Beachcamp con WC, duchas de auga quente, servizo de cafetería, enchufes, seguridade e buses lanzadeira. Zona de descanso gratuíta con supermercado itinerante. Glamping con tendas para 1,2 ou 4 persoas, opción de alugar só tenda ou colchón, opción de almorzo, etc. A organización do festival tamén puxo a disposición dos usuarios unha listaxe de aloxamentos colaboradores a maiores de booking.com ou buscadores similares. Transporte ida-e-volta desde distintos puntos de España e viaxes compartidas en coche a través da plataforma DrivingMusic.

 

 

 

PORTAMÉRICA

Como unha ponte entre Europa e América, PortAmérica conecta as diferentes culturas a través da música, o ocio e a gastronomía e xa é considerado como un dos festivais de referencia en Galicia e en todo o país.

 

Cando?: 4 - 6 de xullo

Onde?: Caldas de Reis (Pontevedra)

Quen?: [Horarios]

Xoves 4 Rozalén · Carlos Sadness · La Casa Azul · Zahara · Morgan · Cora Velasco · Elefantes · Combo Viramundo · Miss Bolivia · We Are Not DJs

Venres 5 Madness · Amaia · Monsieur Periné · Carolina Durante · Trending Tropics · Él Mató A Un Policía Motorizado · Cuarteto de Nos · Natalia Ferviú DJ · Santi Araújo · Nixon · Anarchicks · Trapical Minds

Sábado 6 Andrés Calamaro · Depedro · Mon Laferte · Sidecars · De La Puríssima · Los Espíritus · Pablo Lesuit · Cumbia All Stars · Presumido · Cándida · El Lado Oscuro de La Broca · Camilo Lara · Berta Franklin

Canto?: Compra online anticipada en portamerica.es desde 30€ a entrada de día ata 55€ polo abono de tres días, ambas máis gastos de xestión. Menores de 12 anos entrada libre e sempre acompañados dun pai, nai, tutor legal ou adulto responsable con autorización firmada; os menores de 16 anos acompañados de padre, madre, tutor ou adulto responsable con autorización firmada.

Máis?: Posibilidade de acampar (tenda, «furgo» ou caravana) á beira do río Umia desde o mércores 3 de xullo ás 17.00 h ata o domingo 7 ás 16.00 h. Dispositivo especial de autobuses Ron Barceló desde Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Noia, Ribeira, Catoira, Vilagarcía, Sanxenxo, Portonovo, Cambados, Bueu, Cangas e Ourense. A gastronomía será outra gran protagonista con chefs premiados con Estrelas Michelín e Soles Repsol que prepararán tapas gourmet a prezos asequibles. Nesta edición, os chefs invitados para o ShowRocking serán Pepe Solla (comisario), Andoni Luis Aduriz, Diego Guerrero, Josean Alija, Kiko Moya, Maca de Castro, Roberto Ruíz, Begoña Rodrigo, Yolanda y Juanjo, Aizpea y Xabi, Xanty Elías, Javier Estévez, Gonzalo García, Estanis Carenzo, Nagore y Rodrigo, Manuel Nuñez, Edgar Núñez, Christian Bravo, Nicolás López, Vasco Coelho, Fernanda y Andrea, Gerson Iglesias, Pablo Pizarro, Laura y José, Diego López, David Abalo, Iago Pazos, Fabián Delgado, Marcos Morán, Diego Gallegos e Teresa Gutiérrez.

 

 

 

FESTIVAL DE MÚSICA DE CÁMARA CIDADE DE PONTEVEDRA

Co obxectivo de achegar a música de cámara a todos os públicos e impulsar a intérpretes galegos ofrecéndolles un espazo local onde compartir o seu talento, a Asociación Música Viva organiza o Festival de Música de Cámara Cidade de Pontevedra que, logo da boa acollida na súa estrea, este ano celebra a súa segunda edición.

 

Cando?: 8 - 12 de xullo

Onde?: Convento de San Francisco – Teatro Principal (Pontevedra)

Quen?: Cuarteto Arroute · Rhea Quartet · Alumnos CMUS Manuel Quiroga

Canto?: De balde!

 

 

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA

Unha vintena de grupos sobre o escenario e a música celta como protagonista é a mellor definición do Festival de Ortigueira, que este ano celebra a súa 41ª edición. As badas máis importantes da música celta no mundo, as figuras máis relevantes do folk galego e os grupos máis prometedores, xunto cos desfiles das bandas das nacións celtas (Escocia, Gales, Irlanda, Bretaña, Cornualles, Illa de Man, Asturias e Galicia), reuniranse en Ortigueira para celebrar a cultura celta.

 

Cando?: 11 - 14 de xullo

Onde?: Ortigueira (Coruña)

Quen?: Moving Hearts · Shooglenifty · Gwendal · Flook · Anxo Lorenzo Band · Escola de Gaitas de Ortigueira · Leilía · Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonian Pipe Band · Dominic Graham School of Irish Dance · Bagad Kerlenn Pondi · Tanxugueiras · AC O Fiadeiro · Project Smok · Stolennotes · Andrés Penabad Band · Beltaine · Túa · Dequenvessendo · Yuki Kojima Band

Canto?: De balde!

Máis?: No festival tamén se poderá desfrutar de obradoiros, exposicións, proxeccións, un ciclo de teatro e a súa xa tradicional feira de artesanía.

 

 

 

BASTICORE

Quilos de sandía e dous días de punk, rap ou reggae. Basticore é o festival que axunta música independente e skate, perfecto para coñecer bandas emerxentes que están acadando facerse un oco na escena musical nacional. Este evento levarase a cabo no parque de skate de Bastiagueiro, en Oleiros (A Coruña), onde además realizarase o xa tradicional concurso de skate e a exhibición de skaters profesionais para animar aos participantes a mellorar a súa técnica.

 

Cando?: 19-20 de xullo

Onde?: Skatepark de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña)

Quen?: Por confirmar

Canto?: De balde!

Novidade!: Este ano, Basticore inclúe unha exposición de arte autoeditada composta por unha ducia de postos e amenizada con música en acústico e DJ sets.

 

 

 

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

Celebrado nas rúas e prazas da Zona Monumental de Pontevedra, centrándose principalmente nos músicos galegos de estilo jazz, blues, R&B ou soul, chega o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Do 23 ao 28 de xullo, non vos perdades os concertos, jam-sessions e workshops que se levarán a cabo nas rúas de Pontevedra.

 

Cando?: 23 - 28 de xullo

Onde?: Praza do Teucro e da Ferraría, A Gramola, Antigo Conservatorio e A Taberna do Jazz (Pontevedra)

Quen?:

Martes 23 Mr. River · Javier Abraldes Trío (jam-session)

Mércores 24 Álvaro del Valle Quartet · Nacho Pérez Trío (jam-session)

Xoves 25 Joey DeFrancesco Trío · Miguel Ponce Trío (jam-session)

Venres 26 Judith Hill · Rosolino Marinello Trío (jam-session)

Sábado 27 José James · Alberto Ríal Trío (jam-session)

Domingo 28 Gabriel Peso Trío · Pedro Freijeiro Trío (jam-session)

Canto?: De balde!

Máis?: De martes a domingo haberá unha street band e de martes a xoves Álvaro del Valle estará no antigo conservatorio (Alfonso XIII, 7) para o Pontejazz Workshop. O venres 26 o Jazz de Taberna poñerao Quest Trío, o sábado 27 Standards Zone e o domingo 28 Frequency Trío na Taberna do Jazz (San Sebastián, 19).

 

 

 

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA

Unha illa, un cartel secreto... estas son algunhas das singularidades que fan ao festival Sinsal SON Estrella Galicia tan especial. Celebrado na illa de San Simón, non se coñece aos artistas que tocarán ata que baixas do barco que pon a disposición a organización.

 

Cando?: 25 - 28 de xullo

Onde?: Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra)

Quen?: Cartel secreto! Os artistas non se darán a coñecer atala chegada do público á illa, é ou non é emocionante?

Canto?: Entradas esgotadas! Dispoñible o Abono Experiencia Sinsal SON Estrella Galicia #RíasBaixas por 550 €.

 

 

 

 

ATLANTIC FEST

Un festival para todas as idades no que a música contemporánea, electrónica, indie e pop mestúranse para dar vida ao Atlantic Fest. Artistas coñecidos e emerxentes conforman o cartel deste festival que, durante tres días, acollerá concertos e actividades das que poderán desfrutar tanto maiores como pequenos nunha paraxe de ilusión.

 

Cando?: 26-28 de xullo

Onde?: Illa de Arousa (Pontevedra)

Quen?:

Venres 26 Cariño · Chelsea Boots · Cupido · Confeti de Odio · La Zowi · Albany

Sábado 27 Love of Lesbian · Los Planetas · Dorian · Nacho Vegas · Marlon Williams · La Bien Querida · Betacam · Soleá Morente · María Rodés · Joe Crepúsculo · La Estrella de David · The New Raemon · Mourn · Apartamentos Acapulco · Las Odio · Candeleros · Hickeys

Domingo 22 Víctor Coyote · Los Jinetes del Trópico

Canto?: Compra online anticipada en http://atlanticfest.com/comprar-entradas/ a 55€, máis gastos de xestión, o abono de tres días.

 

 

 

NIGRANJAZZ

Jazz, relax e unha contorna de gran beleza son os compoñentes clave de Nigranjazz, festival no que os asistentes desfrutarán dun ambiente único onde músicos de jazz galegos emerxentes comparten protagonismo, e escenario, con músicos de renome internacional.

 

Cando?: 26 - 27 de xullo

Onde?: Nigrán (Pontevedra)

Quen?: Por confirmar

Canto?: Por confirmar

 

 

 

  noticias