• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ABERTO O PRAZO DE INSCICIÓN DE PROPOSTAS PARA A REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO 2020

Aberto o prazo de inscición de propostas para a Rede Galega de Música ao Vivo 2020
9 XANEIRO 2020

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo abre desde el 8 ata o vindeiro 31 de xaneiro o prazo de inscrición de propostas de concertos cara á configuración da programación anual da Rede Galega de Música ao Vivo para 2020. O trámite realízase a través do web galescena.gal, seguindo os pasos que se detallan a continuación:

Instrucións para os grupos que NON estean dados de alta en galescena.gal

1. Solicitar a alta como grupo musical.
2. Encher todos os datos relativos ao grupo e premer no botón enviar.
3. Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación do grupo.
4. Entrar de novo en galescena.gal e crear as fichas dos concertos a ofertar.
5. Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas á Rede Galega de Música ao Vivo (as normas de funcionamento están dispoñibles para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.gal).

Instrucións para grupos dados de alta en galescena.gal:

1. Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2. Na zona privada, acceder á pestana de concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3. Revisar a información de cada un dos concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas.
4. Unha vez modificado ou creado o concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas á Rede Galega de Música ao Vivo (paso imprescindible para figurar entre os concertos ofertados).
5. Rematado todo o proceso, as popostas de concertos pasan a ser ofertados ao circuíto.

A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso. En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:

programacionagadic.2@xunta.gal
> Tel: 881 996 087 / 088

Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.

  noticias