11 CORENTUNES
Seguimos na casa! Rozando xa o mes de confinamento, e logo de facer biscoitos de limón, galletas de avea e plátano, pan, odenar todos os armarios da casa, tecer xerxeis para toda a familia e veciños, case agotar o noso alixo de series e películos e de planificar esa volta ao mundo que seguro que faremos cando todo isto acabe... aínda nos queda tempo para ver e escoitar os nosos artistas e grupos que seguen aguzando o enseño para entreternos a través das redes sociais con versións, cadernos de bitácora musicais, videoclips caseiros ou foliadas virtuais.
Seleccionamos a once deles para ver e escoitar, desfrutar e bailar… e aguantar ata que podamos facelo xunto a eles enriba do escenario. Porque a cultura segue!
Nuevos Tiempos - Maryland
Cover, orixinal de La Habitación Roja, coa que os de Vigo queren «brindarlles unha merecida ‘aperta’ nesta obrigada reclusión» á banda de Jorge Martí; aperta con videoclip!
Pablo Picasso - Esposa
Revisión do tema do Modern Lovers con videoclip de PRENOM Arquivo, asinado polo gran Rubén Domínguez sobre unha actuación da banda o 11 de abril de 2019 na Sala Kominsky (Vigo).
Live Performance at Holywell Music Room (Oxford) - Nico Casal
Recital completo gravado ao vivo en Oxford o ano pasado; dúas pezas orixinais e dúas versións a piano nas que Casal pon emoción e corazón a partes iguais.
Tan Forte, Tan Lonxe Edición Corentena - Os John Deeres
En acústico, cunha guitarra española, unha guitarra acústica, un teclado de xoguete, un iPad e uns teléfonos móbiles… e cada un na súa casa!
Love Song to Bieitta - Blues do País
Un Blues da terra como banda sonora da saudade por esas persoas que queremos pero non podemos ver porque somos boa xente e quedamos na casa: ‘Amar en Tempos de Corentena’ especial #EuQuedoNaCasa.
Tic-Tac - TREGUA
O grupo de pop-rock coruñés xuntouse cun «puñao’ de amigos na distancia» para agradecer, en forma de canción, a todos os profesionais que a diario están a loitar contra o COVID-19 co obxectivo de encher as redes de esperanza.
INSPIRAÇAO LÍQUIDA - Bifannah
Sesenta cancións, máis de catro horas de música que axudaron ao cuarteto a «moldear» o seu último LP, Danças Líquidas (The John Colby Sect, 2019).
Cuaderno de Bitácora - Alberto Vilas
Cada día, e durante o estado de emerxencia sanitaria provocado polo COVID-19, o pianista regálanos unha nova peza ou unha improvisación para «contribuír así a facer máis levadeiro o illamento das persoas».
Cançó de Fer Camí - O Val das Mouras
Como un canto á sororidade e a loita feminista, O Val das Mouras sorprendeu con esta versión do poema homónimo, escrito pola poeta, tradutora e narradora catalana Maria Mercè Marçal.
Rockeando na 🏠 - Pakolas
Se os nenos non van ao Salón, o Salón vai aos nenos… Pakolas leva a súa actuación do Salón do Libro de Pontevedra ao salón da súa casa 🤘🏼 a rockear, rapazada!
Sil e Ván - FIANDOLA
Vacina de folk-trad para prenderlle «lume ao coronavirus»; unha foliada virtual, pero con son 100% máis ao vivo que nunca, e mesmo con bailadoras e bailadores!