• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVIDADES CORENTUNES. VOL. II

NOVIDADES CORENTUNES. Vol. II
28 ABRIL 2020

Seica xa podemos crer máis firmemente iso de«un día máis, un día menos», pero mentres… sempre nos quedarán eles! Incansables, os nosos artistas e grupos seguen a amenizar o #QuedaNaCasa, aquí unha nova mostra do seu talento caseiro!

 

 

A Good Woman’s Love - PARDO

No seu estudio caseiro, versión a guitarra e voz do clásico bluegrass ‘A Good Woman’s Love’.

 

 

 

Bajo el agua - Artabe

‘Bajo el agua’, así é como algúns quixésemos estar; no seu defecto, desfrutemos desta versión acústica de Artabe sobre a canción orixinal de MISS GI.

 

 

 

Ao Vivo - MadMartin Trío

Rozando os 40 minutos, 5000 visualizacións, máis de 500 comentarios… así son os concertos COVID-19 de MadMartin.

 

 

 

Mazurca para Lola e Amador - Germán Díaz ft. Pedro Pascual

Dúo de zanfona e acordeón nesta mazurca con nome propio.

 

 

 

Ojos Nuevos - Cora Velasco

Estrea orixinal da cantautora pontevedresa, unha canción que fala do súperpoder de volvernos amnésicos por un segundo para así poder apreciar as paisaxes de Galicia como se fose a primeira vez.

 

 

 

Novo para Siglo 21 e Radio3 Extra - Nico Casal

O ‘Novo’ de Nico Casal, en casa e cun curioso acompañante!

 

 

 

A Princesa Roiba - 2naFronteira

Piano e voz para musicar a Ramón Cabanillas.

 

 

 

Calle Ancha - Paul Álvarez Project

O «amado líder» xoga coa guitarra eléctrica sobre o tema propio ‘Calle Ancha’ do seu debut discográfico Podría ser… (2013).

 

 

 

PLATA Chispita - BABYKATZE

BABYKATZE á batería, Bruno Baw á guitarra nesta homenaxe sonora a Gateis, «un bombón blanco gordo e xordo con moooita personalidade».

 

 

 

Chantilly - Silvia Penide

Maqueta dunha nova canción que Penide compuxo durante a corentena… e dispoñible por tempo limitado!

 

 

 

 

Os Números - Mamá Cabra

Así calquera aprende!

 

 

 

El Nuevo Reset Mundial - Uxío Mayo

Escrita con bastante rabia…e aínda máis potencia de guitarra.

 

  

 

Wheel of Fortune - Mojo Experience

Enerxía, por seis, para facernos vibrar, na casa, eh?

 

 

 

E eu que chorei con Ghost [Bushwick, NY] - Ataque Escampe

Toma alternativa do videoclip homónimo, gravada o 7 de outubro de 2017 en Bushwick, Nova York.

 

 

 

#DíaDaTerra - Davide Salvado

Homenaxe sonora de Davide Salvado xunto a Pedro e Pablo Pascual co gallo do Día da Terra 2020.

 

 

 

Naima - Kin García Trío

Un só de Kin!

 

 

 

Reconstrucción - Xoel López

Desde as súas casas, Loza, Chapo, Charlie Bautista, Miguel Rivera, Tuli, Gato Charro e Juan de Dios acompañan a Xoel Lópex nesta «reconstrución» do pasado, revisando un dos clásicos de Deluxe.

 

 

 

Toda la verdad - MARYLAND

Cover de ‘Toda la verdad’, orixinal de Iván Ferreiro con «maxia» do produtor Carlos Hérnandez e backline de cartón da banda ficticia The Coopers.

 

 

 

Mar de Vigo 2020 - SonDeSeu

Non o podían describir mellor! A orquestra folk SonDeSeu comparte este «humilde aloumiño sonoro para estes días de mobilidade inmobiliaria», unha versión da súa ‘Mar de Vigo’ a 62 móbiles arranxada por Rodrigo Romaní.

 

 

 

Tu Jardín - Malkeda

Regaliño visual! Versión en acústico de ‘Tu Jardín’, un dos primeiros temas da banda pontevedresa de metal alternativo.

 

  

 

Lamento 2020 - Anxo Lorenzo ft. Jim Murray

Dúo de whistle e guitarra entre o gaiteiro moañés e o guitarrista irlandés Jim Murray.

 

 

 

ETIQUETAS

  noticias