PROGRAMACIÓN DA REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO. XULLO 2020
Volve a Rede Galega de Música ao Vivo despois do parón pola corentena, e velaquí tes a programación deste circuíto promovido pola Xunta de Galicia a través da Agadic en colaboración con 20 salas de 15 localidades: Aturuxo de Bueu; Sala Ruido de Ferrol; Sete Flores do Carballiño; Auriense de Ourense; Bâbâ Bar e Garufa da Coruña; A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro; SalaSON de Cangas; A Ventana de Laxe; Clavicémbalo de Lugo; A Fundación e Pub Gatos de Melide; Náutico (San Vicente do Grove); Borriquita de Belem; Casa das Crechas e Sala Moon de Santiago de Compostela; A Arca da Noe de Vilar de Santos; e El Contrabajo, La Fábrica de Chocolate e La Pecera de Vigo.
Pódela descargar aquí en PDF. E non te preocupes, cada vez que hai algún cambio, actualizámola.
> Actualizado o 1/07: Incluído o concerto de Cora Velasco en La Fábrica de Chocolate o 11 de xullo ás 20.30 h.
> Actualizado o 14/07: Adiado a setembro o concerto de La Buena Nueva do 16/7/2020 na Borriquita de Belém (Santiago de Compostela). Adiado a outubro o concerto de Los Eternos do 18/7/2020 na Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro).