• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVEDADES CARMINHA ARRASA NOS PREMIOS MIN 2020

Novedades Carminha arrasa nos Premios MIN 2020
17 OUTUBRO 2020

Premio Fluge ao Mellor Artista, Premio Ticketmaster ao Mellor Directo e Mellor Álbum de Pop por Ultraligero foron os tres galardóns que convertiron a Novedades Carminha no proxecto máis laureado da XII edición dos Premios da Música Independente. A eles seguiron Kiko Veneno, Anni B. Sweet e Rodrigo Cuevas (asturiano pero con forte vinculación con Galicia) con dous.

«É un premio súper bonito porque pop vén de popular e nesta época na que nos teñes co ego subido e a autoestima baixa, competindo por likes e por views, nós fixemos un disco para poder bailalo cos colegas apertados. É moi especial e estamos moi agradecidos porque non é só o prmio ao disco senón a unha forma de entender a música» Así agradecía Carlangas un dos premios nunha gala de entrega celebrada onte venres e que veu marcada polas restriccións derivadas da emerxencia sanitaria pola COVID-19.

 

Pola súa banda o Premio ao mellor álbum en galego ía parar a Segundo Fogar d’Os Amigos dos Músicos.

 

A lista completa dos premiados é a seguinte:

> Premio The Orchard ao Álbum do Ano: Sombrero Roto de Kiko Veneno

Premio Radio 3 a la Canción do Ano: «Buen viaje» de Anni B. Sweet

Premio Fluge ao Mellor Artista: Novedades Carminha

Premio AIE ao Mellor Artista Emerxente: Rodrigo Cuevas

Premio Ticketmaster ao Mellor Directo: Novedades Carminha

Mellor Álbum de Pop: Ultraligero de Novedades Carminha

Mellor Gravación de Electrónica: Puerta de la Cânne de Califato ¾

Mellor Gravación de Músicas Urbanas: Remixes y Regalos de Kase. O

Mellor Álbum de Jazz: La Guapería de Zenet

Premio Gibson ao Mellor Álbum de Rock: Balanceo de Cala Vento

Mellor Álbum de Músicas do Mundo e Fusión: Manual de Cortejo de Rodrigo Cuevas

Mellor Álbum de Flamenco: Cuatro de Las Migas

Mellor Álbum de Música Clásica: El Baile Perdido de Raquel Andueza & la Galanía

Mellor Álbum en Galego: Segundo Fogar de Os Amigos Dos Músicos

Premio Etxepare ao Mellor Álbum en Euskera: Aitzstar de Niña Coyote eta Chico Tornado

Mellor Álbum en Catalán: Per la Bona Gent de Manel

Premio SAE Institute á Mellor Produción Musical: Universo por estrenar de Anni B. Sweet

Premio Sol Música ao Mellor Videoclip: «Con las ganas (versión 2009)» de Zahara

Mellor Deseño Gráfico: Nacer en Marte de Lidia Damunt

Mellor Artista Internacional: Nick Cave & The Bad Seeds

Premio de Honra Mario Pacheco: Kiko Veneno

  noticias