• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

VIDEOCLIP CLUB. EDICIÓN DE FEBREIRO

VIDEOCLIP CLUB. EDICIÓN DE FEBREIRO
19 FEBREIRO 2021

Este mes, os editores engadiron os seguintes vídeos ao Videoclip Club, a cinemateca de GalicianTunes en YouTube.

 

 

Let The Blind See - Dark Embrace

Como colofón da súa última xira, Dark Embrace publicaba o videoclip de “Let The Blind See”, corte incluído no LP The Call Of The Wolves (7 Hard Records, 2017), no que destaca a parte gutural, autoría de Oscar Rilo á que, ás veces, se lle unen pequenos fragmentos melódicos, aportando así unha dose extra de dramatismo. Producido por Omar de Rare Cooperativa, o vídeo recolle a actuación da banda nas inmediacións de Cabo Ortegal (A Coruña), onde o quinteto coruñés dá renda solta ao headbanging que acompaña a intensidade duns cantos que preceden á furia dos instrumentos.

 

 

 

 

Lluvia - Furious Monkey House

Sons do indie rock británico de comezos do século XXI, Furious Monkey House lanzaba “Lluvia” foi como segundo single-clip de Love, Scum & Dust (2019). unha obra audiovisual onde o quinteto propiamente caracterizado, convídanos a unha viaxe á escuridade, a un bosque do alén, de lume, rock e maxia negra. Os máis de tres minutos e medio de duración é o resultado dunha rodaxe «moi orixinal, metémosnos nas personaxes, memetizámonos coa maquillaxe e toda a caracterización».

 

 

 

 

Illas de Sal - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Lembras a sensación dos teus pés sobre a area? Do mar achegándose á beira e acariñándote coas súas ondas? Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre póñenlle banda sonora a estas lembranzas con “Illas de Sal”, segundo single-clip do seu último traballo As Catedrais Silenciadas (2020). Sobrevoando espazos emblemáticos da Costa da Morte como o Monte Pindo ou A Boca do Río, a peza está protagonizada por unha pequena bailadora, Sofía Souto, que toma prestada a inmensidade da praia como escenario para marcarse esta xota, composta sobre unha peza recollida polo etnomusicólogo estadounidense Alan Lomax na zona de Corcubión.

 

 

 

El Poder Azul - Cia Campillo

O seu disco El Poder Azul (2020) amosa a unha Cia Campillo na súa faceta máis valente como cantante e compositora a través de melodías potentes, influencias fantástico-científicas e unha combinación de «temas bailables con cancións máis evocadoras». Dirixido e producido por Meteorito Music, no single-clip presentación, homónimo, escoitamos unha letra do máis persoal e un vídeo que roza a tolemia experimental, inspirado na afección da artista polas películas de ciencia ficción.

 

 

 

 

Obsesionada - Novedades Carminha

De melodías estimulantes, “Obsesionada” é un dos cortes «máis aclamados polos fans e máis aplaudidos pola crítica», e o videoclip que o acompaña non podía ser menos. Dirixida por Laura Vifer, producida por Nanouk Films e protagonizada por Hanna Tervonen esta obra audiovisual obsesiva «é unha especie de fantasía na que a protagonista non pode ocultar un vínculo especial cos cabalos nin a súa fascinación polo mundo equino».

 

 

  noticias