11 CANCIÓNS CUN TÍTULO TAN LONGO COMO CHE PARECE O INVERNO
Este mes de xuño estreamos sección en GalicianTunes: listas temáticas de once elementos. Por que 11? Porque nesta comÚN UNidade que somos, o 1 é o noso número favorito, o número que mellor nos define. Moitas persoas unidas por unha paixón: a música que se fai en Galicia. Así que non podía ser doutra forma que repetíndoo. Que bonita cifra o 11, verdade? Pois velaquí a primeira.
Cando pensabamos que poucas cancións podían ter un título máis largo que o mil veces cantado Supercalifragilisticoespialidoso, chegan os músicos de GalicianTunes e nos sorprenden. Esta é unha lista especialmente dedicada a aqueles temas cun título case tan extenso coma longo che parece o inverno, ese título no que a metade de frase tes que facer unha paradiña para respirar e que cando terminas de lelo, xa rematou a canción. Deixámosvos cunha mostra do creativos que poden ser os músicos de GalicianTunes á hora de titular as súas composicións.
1. Canción para pechar a parte de abaixo do Ruta. Ataque Escampe
2. Medo a perder as lentillas noutro país. Duister
3. The Dialogue I Would Like to Have with the Woman Without Surprises. Jamie Fifthring
4. Historia de un amor sin respuesta y la muerte que acecha. Javier Otero Neira
5. Dedicated To Us, But We Weren't Listening. Amoeba Split
6. El culto al cargo o cómo hacer llegar el objeto maravilloso. Triángulo de Amor Bizarro
7. Soneto da seta e o neto e máis na nata e o soto. Narf
8. The Machine Will Be Prevented From Working At All. Cró!
9. Epigrama de esterco ou zarzuela da troika canhi. Liviao de Marrao
10. Todo o que poderías ter sido de non ter elexido ser o que eres. Xacobe Martínez Antelo Quinteto
11. No decir al cliente lo que quiere y cuando quiere. Silvia Penide