11+1 PARA BOTAR PUNTO E SACAR PUNTO
🎶 Bota punto, saca punto
Mercediñas do Torreiro
bota punto, saca punto
mira para o compañeiro 🎶
Se unha das nosas listaxes temáticas máis recentes era para cantar ata que nos doese a gorxa, hoxe vos traemos unha complementaria... para bailar ata que saia o sol (ou ata que os pés aguanten!). Deixámosvos once vídeos dos nosos artistas e grupos onde os pasos de baile son protagonistas: valse, pasodobre, muiñeira, tango... só ou en parella, botas punto?
Valxe, Os d’Abaixo
Eu chorar, chorei, Ortiga ft. Pili Pampín
Muiñeira de Folgoso do Courel, Cantigas e Agarimos
Boom, Isidro Vidal
O baile de Noró, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
50º Aniversario – Librería Couceiro, De Ninghures
E isto é amor, CAXADE
Cunchi Cunchi, A Companhía do Ruído
Pasodobre universal, Marful
Esta pena que a veces teño, Grande Amore
Que me quiten lo bailao’, Lucía Pérez
+1! E para os que teñen dous pés esquerdos... Muiñeira sinxela, Pesdelán