• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11+1 DE VERBENA GALEGA

11+1 DE VERBENA GALEGA
15 XULLO 2022

Logo de dous veráns de pandemia, as verbenas están de volta. Estas celebracións tradicionais, imprescindibles no calendario de calquera galego de ben e tan vinculadas á idiosincrasia da nosa terra, volven este verán a encher prazas de pobos e cidades. Con elas veñen as atraccións de feira, o algodón de azucre, a tómbola... e as orquestras; verán tras verán, son elas quen, incansables, impoñen os seus ritmos nas verbenas e festas patronais.

Aínda que a Panorama, a París de Noia ou o Combo Dominicano teñen xa o seu repertorio feito, nós tomámonos a liberdade de «completalo» con 11+1 temazos de artistas e grupos da plataforma dignos de ser coreados entre “Paquito El Chocolatero” e “Mentirosa”. Porque se algo caracteriza á época estival galega, ademais de comer e beber, e bailar ata que o corpo aguante (ou ata que recollan o escenario!).

 

 

Bando do Alcalde, SonDeSeu

 

 

Orquesta, Boyanka Kostova

 

 

Muiñeira da Revolta, Treixadura

 

 

Pousa, pousa, A Roda

 

 

Pasodobre do Berbés/Bembrive/Sárdoma, Susana Seivane

 

 

Estomballada, A Banda da Balbina

 

 

A Carolina, Fuxan os Ventos

 

 

Muiñeira de Chantada, Brigan

 

 

San Benitiño, O Sonoro Maxín

 

 

Pasodobre de Viascón, A Banda das Crechas

 

 

Ven bailar Carmiña, Radio Cos

 

 

+1: Verbena, Novedades Carminha

«Viniste de tranqui y se está liando...»

 

 

ETIQUETAS

  noticias