GALICIANTUNES EN WOMEX 22 LISBOA
ESQUÍO
Sheila Patricia
● ELECTRONIC GALICIAN FOLK > Perfil en galiciantunes
Vangarda electrónica galega que nace de diferentes linguaxes folclóricas, o pulo arxentino e o jazz.
LOSPREGOS / BUDIÑO
Budiño
● ROOTS > Perfil en galiciantunes
Budiño, maestro gaiteiro galego e creador de melodías imposibles que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente con sons máis contemporáneos. As súas composicións e o seu fantástico espectáculo ao vivo viaxaron por todo o mundo, sendo recoñecido pola crítica mundial e galardoado con prestixiosos premios dentro do xénero.
LUNEDA
Caldo
● TRAD > Perfil en galiciantunes
Caldo é un trio galego que aproxima a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación instrumental. Neste espectáculo reafirman a súa sonoridade engadindo novas texturas e atmosferas sen abandonar o son orgánico dos instrumentos acústicos, achegando así outra dimensión ao repertorio aprendido da tradición oral.
Xabier Díaz
● TRAD > Perfil en galiciantunes
Xabier Díaz é un dos músicos galegos de folk máis recoñecidos na actualidade. Acompañado por Adufeiras de Salitre, un grupo de mulleres encargadas da percusión e as voces, Díaz actualiza antigas formas da música tradicional que redescubriu durante anos en pequenos pobos e aldeas de toda Galicia. “As Catedrais Silenciadas”, o seu último disco, está a obter un amplo recoñecemento entre a crítica e o público, ademais de ser un éxito de vendas.
LYDIA BOTANA
Bolboreta
● ALTERLATINO · FUSION > Perfil en galiciantunes
Bolboreta é un proxecto musical creado pola multinstrumentalista Lydia Botana, unha cidadá do mundo que tamén toca música educativa “avec muito amore & respeto” para nenos, mesturando todo tipo de xéneros musicais, falando do seu punto de vista sobre a vida con optimismo e música alegre para todas as idades.
MARE
https://www.mareproduccion.com/
Cuarteto Caramuxo
● FOLK · WORLD MUSIC > Perfil en galiciantunes
Clarinetistas galegos como os do Cuarteto Caramuxo, que foron ao corazón do asunto, ás raíces do que somos, para coller esa materia prima e darlle una, dúas e tres voltas.
Susana Seivane
● FOLK · WORLD MUSIC > Perfil en galiciantunes
Unha mestura áxil e moderna que afonda as súas raíces nas profundidades da tradición galega, deixando que as súas ramas se balanceen cos ventos dos tempos cambiantes.
MIRMIDÓN
Ailá
● FOLK · GALICIAN MUSIC > Perfil en galiciantunes
Ailá es unha proposta inspirada polos cancioneiros populares de transmisión oral de Galicia. Unha proposta deseñada para bailar e desfrutar a música galega desde unha perspectiva contemporánea.
Luar na Lubre
● FOLK · CELTIC MUSIC > Perfil en galiciantunes
Despois de tres décadas de exitosa carreira, 19 álbums publicados y máis de 1.000 concertos realizados en máis de 30 países, Luar na Lubre converteuse nun dos grupos máis internacionais e de referencia da música folk-celta.
Sés
● SINGER-SONGWRITER > Perfil en galiciantunes
SÉS é un auténtico fénomeno underground, considerada un referente na escena musical galega, onde destaca pola súa carisma, a calidade das súas letras e o seu potente directo.
MUSICARTE
Adhara & Ritman
● FOLK · ROCK
Un proxecto musical que xorde das raíces. Co galego como voz e unha instrumentación baseada nas raíces folk da nosa terra, decidimos mesturarla con música latina, reggae, swing, soul e, sobre todo, rock.
Eduardo Coma. Quinteto Cimarrón
● LATIN JAZZ
O Quinteto Cimarrón, afincado en Galicia, son cinco músicos cubanos cunha sólida formación clásica en prestixiosas escolas de música da illa, que mesturan ritmos e melodías tradicionais e as reinterpretan en clave de jazz.
La Casa de los Ingleses
● INDIE > Perfil en galiciantunes
La Casa de los Ingleses é una banda de pop de temas sinxelos e directos e unha coidada estética, tanto nas melodías como no escenario; unha pegada certeira que caracteriza a este grupo de rapaces galegos que quere facerse un oco na escena musical a base de boas cancións.
Robert Pier
● WORLD MUSIC
Músico da Coruña que comezou a súa carreira a unha idade moi temperá en bandas de diferentes xéneros como o pop, o rock, o reggae ou o manouche jazz, ademais de tocar unha gran diversidade de estilos de guitarra. Realiza eventos musicais e lidera o proxecto MIP, onde desenvolve o seu talento.
NALGURES
https://www.facebook.com/people/Nalgures/100057088974765/
Álvaro Iglesias
● FOLK > Perfil en galiciantunes
O contrabaixista por excelencia da música folk celta.
Andrea Pousa
● POP
Andrea creou un traballo que conecta a orixe co presente.
Dios Ke Te Crew
● HIP-HOP · URBAN > Perfil en galiciantunes
Considerada unha das bandas máis influentes da escena musical galega e pedra angular do hip-hop feito en Galicia.
Fixe Trío
● WORLD MUSIC
Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de cancións orixinais.
SonDeSeu
● FOLK > Perfil en galiciantunes
Primeira orquestra europea de folk.
Xisco Feijoó
● FOLK > Perfil en galiciantunes
“Peixe” é cada un de nós: único e inimitable.
NORDESÍA
Abe Rábade
● JAZZ ROOTS > Perfil en galiciantunes
Abe Rábade presenta “Botánica”, 14 cancións orixinais dedicadas á vexetación autóctona de Galicia. Xuntas conforman un campo de visión aberto ao mundo que combina o rural co urbano.
A Pedreira
● VANGUARD FOLK
A voz de Marful, Chouteira ou Nordestin@s debuta en solitario con “Segmento Cantábrico”, un álbum de folk progresivo que mestura música, poesía e spoken word.
PLAYPLAN
https://playplan.es/es/playplan-cultural-es/
García MC & Nación Quilombo
● HIP-HOP · WORLD MUSIC > Perfil en galiciantunes
García Mc & Nación Quilombo desprega puro eclecticismo con destreza, combinando world music con reggae, música latina, hip-hop... e a palabra como centro de todo, fiado con mestría nunha inmersión absoluta de ritmos.
Lamontagne & PicoAmperio
● FOLK · URBAN · ELECTRONIC > Perfil en galiciantunes
Un crossover entre versos medievais recitados sobre bases de hip-hop, moito flow e tinguiduras de contracultura.
Sabela
● POP · ROCK > Perfil en galiciantunes
O cruzamento de sons ambientais da súa voz con elementos electrónicos calma as guitarras eléctricas e a sección rítimca adquire maior importancia, creando emocións máis intensas. É unha caricia que abraza a serenidade e a crueza nun mesmo espazo.
SonDaRúa
● RAP > Perfil en galiciantunes
Ironía, musicalidade e tradición oral popular galega mesturada con hip-hop combativo, social e político.
Tanxugueiras
● FOLK · URBAN · ELECTRONIC > Perfil en galiciantunes
Tanxugueiras, a (r)evolución da tradición galega. Tanxugueiras son tres cantareiras para unha nova década. Son as únicas capaces de reler sons dunha tradición milenaria e mesturalos con sons máis urbanos máis próximos á música electrónica ou ao trap. A súa enerxía, o seu empoderamento e o seu virtuosismo vocal son os mellores exemplos do seu estilo innovador.
XACOBE MARTÍNEZ ANTELO
http://www.xacobemartinezantelo.com/
Orquesta Galega de Liberación
● JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS
Gran ensemble galego de composición en tempo real. Orquestra de vangarda e contemporánea baseada na música improvisada e na composición ao vivo. Tres discos dispoñibles en todas as plataformas.
Sumrrá
● JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS > Perfil en galiciantunes
Trío galego de power jazz. 23 anos xuntos. sete discos. Centos de concertos por todo o mundo. Premio España de Jazz como mellor banda consolidada en 2022.
aRi[t]mar
JAU