• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

SETE PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XV EDICIÓN DOS PREMIOS MIN

SETE PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XV EDICIÓN DOS PREMIOS MIN
21 ABRIL 2023

Un xurado composto por profesionais do sector vén de elixir os 5 nominados aos Premios MIN en cada categoría, dentre os semifinalistas que votara o público. Tanxugueiras, con sete nomeamentos, é o grupo que acumula máis opcións, seguidas de Los Estanques y Anni B Sweet con seis. Este ano, Zahara acumula cinco, mentres que Ginebras* e Alice Wonder, entre outros, optan a catro e tres nomeamentos respectivamente.

Entre os premios aos que opta o trío de cantareiras están ‘Álbum do Ano’ e ‘Álbum en Galego’ por Diluvio (PlayPlan | Calaverita Records, 2022), ‘Produción Musical’ ou ‘Letra Orixinal’ por “Pano Corado”. Entre os finalistas galegos (ou con implicación galega*) destacan Ginebras*, finalistas en catro categorías, incluída ‘Mellor Artista’. Abe Rábade, Antía Muíño, Familia Caamagno, LaMontagne & PicoAmperio e Tanxugueiras son os cinco proxectos nomeados na categoría de ‘Mellor Álbum en Galego’. Completa a listaxe de finalistas da nosa terra Uxía, nomeada polo seu proxecto xunto a Javier Ruibal ao ‘Mellor Álbum de Música de Raíz’.

Os gañadores desta XV edición dos Premios MIN coñecerémolos o vindeiro 17 de abril na gala de entrega que se celebrará no Auditorium Palma de Mallorca, con Samantha Hudson como mestra de cerimonias. La La Love You, Karmento, OR (O-ERRA), Xavibo, Las Migas e shego serán as actuacións que se poderán desfrutar ao vivo. Este ano, a gala tamén volve estar aberta ao público, previa adquisición de entradas seguindo esta ligazón.

 

Abe Rábade

Ver en galiciantunes

Álbum de Jazz: Botánica (2022) • Álbum en Galego: Botánica (2022)

 

 

Antía Muíño

Álbum de Jazz: Carta aberta (2022) • Álbum en Galego: Carta aberta (2022)

 

 

Familia Caamagno

Álbum en Galego: O mundo está derrotado (2022)

 

 

Ginebras*

Canción do Ano: “Ansiedad” • Artista • Videoclip: "Desastre de persona" de Alberto de Santos e Javier Guridi • Directo

 

 

LaMontagne & PicoAmperio

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (6/3/2023)

Álbum en Galego: Algo Que Sinalar (2022)

 

 

Tanxugueiras

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (9/12/2019)

Álbum do Ano: Diluvio (2022) • Directo • Álbum de Música de Raíz: Diluvio (2022) • Álbum en Galego: Diluvio (2022) • Videoclip: "Averno" por Diego M. Barcia e Diego Santaclara • Produción Musical: Iago Pico e Tanxugueiras por Diluvio (2022) • Letra Orixinal: "Pano Corado"

 

 

Uxía & Javier Ruibal

Álbum de Música de Raíz: De tu casa a la mía (2022)

 

  noticias