11 LETRAS GALEGAS MUSICADAS
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega —Manuel Gómez Román, Xesús Ferro e Francisco Fernández del Riego— presentaron unha proposta para celebrar «o latexo material da actividade intelectual galega». Case dous meses despois, o 17 de maio, celebrábase o primeiro Día das Letras Galegas, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Desde aquela, cada ano dedícase o día a unha figura significativa da literatura galega, coa condición de que pasasen un mínimo de 10 anos desde o seu falecemento ata a data de conmemoración.
Para celebrar o Día das Letras Galegas 2023, dedicado ao escritor lucense Francisco Fernández del Riego, recompilamos 11 obras de autores que foron homenaxeados no seu día, musicadas por artistas e grupos da plataforma.
ROSALÍA DE CASTRO (1963)
Negra sombra, Najla Shami
CASTELAO (1964)
Lela, María do Ceo
EDUARDO PONDAL (1965)
Os pinos, Sheila Patricia
CURROS ENRÍQUEZ (1967)
O Maio, Os Amigos dos Músicos
MANUEL ANTONIO, (1979)
Sós, Gelria
CELSO EMILIO FERREIRO (1989)
Deitado frente ao mar, García Mc & Nación Quilombo
ÁLVARO CUNQUEIRO (1991)
Quen poidera namorala, Eladio y Los Seres Queridos ft. Ari Magritte
XOÁN DE CANGAS, MARTÍN CÓDAX, MENDINHO (1998)
Ondas do Mar de Vigo, LaMontagne & PicoAmperio
UXÍO NOVONEYRA (2010)
Namorado, Uxía
CARVALHO CALERO (2020)
Todo o mundo é teu, Madalena Gamalho
XELA ARIAS (2021)
Intempériome, A banda da Loba