• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 DE CANTAREIRAS

11 DE CANTAREIRAS
11 OUTUBRO 2024

O pasado 2 de outubro finaba Josefa Juncal Riveiro aos 92 anos. O nome, dito así, quizais sexa descoñecido para moitos, pero ela era Josefa de Bastavales, informante, cantareira e pandereteira que, rozando os 70 anos, marchou de xira con Manu Chao, ademais de ser a inspiración do seu tema “Desaparecido”. Josefa tiña un talento tan innato como agochado, que sacaba a relucir en canto caía unha pandeireta nas súas mans e que a levou a compartir escenarios con Xurxo Souto, Os Diplomáticos de Monte Alto, Cristina Pato, Susana Seivane, Fuxan os Ventos... Josefa marchou como figura do movemento bravú, como referente do folclore galego.

 

 

Esa parte do noso folclore, esa forma de cantar e de tocar, vive aínda en artistas e grupos de sempre, pero tamén a escoitamos en formacións emerxentes, en novos artistas que levan ao seu terreo esa tradición, conservándoa, reinventándoa... vestíndoa, mesmo, de contemporaneidade. Josefa marchou, pero estes once artistas e grupos da plataforma son exemplo de que o seu legado como o do resto das cantareiras antes de ela— se mantén vivo.

 

 

Sheila Patricia, Canto de Moscoso

 

 

 

Leilía, Olvídame

 

 

 

Mercedes Peón, DEÍXAAS

 

 

 

Xurxo Fernandes ft. PANSENFRON, Xunta en Corcubión

 

 

 

Xosé Lois Romero & Aliboria, Muiñeira de Ons

 

 

 

ABRIL, Xota de Parada de Achas

 

 

 

CALDO, Acorro

 

 

 

AILÁ, WOMEX '23 (A Coruña)

 

 

 

SonDeSeu, Ciclotimias

 

 

 

Tanxugueiras ft. Fillas de Cassandra, Quen é a que canta?

 

 

 

Baiuca ft. Lilaina, Luar

 

 

ETIQUETAS

  noticias