• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

TOR

TOR

TOR - Folk Céltico da Galiza

Grupo formado por Cástor Castro (frautas de madeira), Félix Castro (anglo concertina, acordeón diatónico, gaita), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Xosé Liz (bouzouki).

O repertorio componse de popurrís ou sets de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o amplo arquivo propio de partituras e discos antigos, así como as gravacións de campo realizadas polos seus membros, buscando temas orixinais de frauta de madeira e acordeón diatónico, ou de estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Xunto coa liña melódica guiada principalmente por instrumentos da tradición galega (gaita, frauta, acordeón) e outros máis atípicos como a anglo concertina, a parte harmónica a completan o bouzoki e o contrabaixo, conformando un son acústico, reelaborado dun xeito concordante cos traballos que se fan hoxe en día no folk atlántico europeo.

Sets de muiñeiras, xotas, alboradas, pasacorredoiras e piruxaldas, sucédense con outros temas máis pausados como alalás, cantos de reis, valses ou mazurcas, tan propias do sur ourensán.

Contratación

Musicas ao Vivo Soc. Coop.
Cástor Castro
629 875 063 - 620 230 846
tor.celtrad@gmail.com

Discografía

Zira

TOR, RUMA BARBERO, LUIS PEIXOTO, PANCHO ALVAREZ, JOSÉ CLIMENT, SOCO RÚA

2024, TOR-Avidplay

TOR Folk Céltico da Galiza

TOR, ANGEL RUIZ, PANCHO ALVAREZ

2020, Inquedanzas Sonoras

Vídeos

En vivo na Casa Lis

TOR

Mazurca do Cachoupiño

TOR FOLK CÉLTICO DA GALIZA

Piruxalda de Budián e Muiñeira de Vilaquinte

TOR

Tal vez tamén che gusten