• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
The Lelli Kelly's

The Lelli Kelly’s fúndase en 2016 como banda de versións coa idea de facer bolos por terrazas e chiringos de praia.

Desde que en 2017 comezaron a compoñer temas propios, non deixan de rodar e tocar por festivais de toda Galiza como Surfing the Lérez, Morrasound Rock Fest, Festival Antros Pinos ou Pontelouco.

Xestado no Morrazo e con influencias tan variadas coma The Sonics, MC5, King Salami ou Motorhead, The Lelli Kelly’s aposta por un directo enérxico, frenético e altamente contaxioso. O proxecto converteuse nos últimos anos nunha proposta vándala e adaptable a diferentes espacios ou propostas culturais.

En 2022 publican un EP que leva por título “A chorar a Cangas” (2022), que chegaba acompañado do videoclip ‘Bouzouki’ e que presentaron en festivais e salas galegas.

Contratación

Kelly's Management
Tonho Nogueira, Berto Rodriguez
+34 659 720 456 - +34 665 914 619
thelellikellys@gmail.com

Discografía

A chorar a Cangas

THE LELLY KELLY'S

2022, AUTOEDITADO

CONGAMONGA

THE LELLY KELLY'S

2020, AUTOEDITADO

Vídeos

Bouzuki

THE LELLI KELLY'S

Tal vez tamén che gusten

Cool Funeral

Chamaquito Pistolas

En Casa del Herrero

Germán Prieto

Gold & Colt

Grand Soul Band