• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Diego Flâneur & ünder

Diego & ünder son dous artistas lucenses. A súa música parte do rap ou derivados, pero nela pódense escoitar sons que proceden doutros xéneros como a electrónica ou a música tradicional. A través da súa música e da súa estética, Diego & ünder tratan de crear un imaxinario onde se fala de temas como a nostalxia, o costumismo, o amor ou a cotiandade da cidade.

Comezaron a sacar música durante a pandemia, en 2020; é neste ano cando comezan a elaborar a primeira referencia en solitario de Diego, o álbum “La ciudad que te mira” (2021). A partir do seu lanzamento, Diego publica o EP “DOGS N K1SS3S” (2023), diversos singles e, xunto a ünder, o remix do tema ‘Intro’ (A Casa Azul), do produtor ferrolán Rodro, primeiro corte do álbum LCQTM.

No caso de ünder, malia que nos inicios comezou encargándose do proceso de gravación das cancións, agora tamén canta en varios temas nos que colaboran ambos. Ademais, no álbum LCQTM, ünder está presente en toda a súa gravación, mestura e masterización, ademais de na pista 9, ‘La puerta de mi portal’.

“DOCE & QUENTE” é a última referencia de Diego & ünder, un EP de catro temas nos que se combina reguetón, Jersey club, R&B ou mesmo mambo chileno.

Ademais, Diego & ünder presentan colaboracións con LANASA ou CRZY en temas que foron presentados en Lugo en diferentes concertos na Sala Jagger, Medievo Pub ou no Espazo Hip-Hop das festas de San Froilán 2023 (Lugo), ademais da Sala Moon (Santiago de Compostela).

Contratación

FAT Music
Alexandre Otero Núñez
604 002 510 - 644 154 200
festividadesatroula@gmail.com

Discografía

todo se esfuma como ese dinero

ÜNDER

2024, LaboratorioLAB.

D0GS N K1SS3S

DIEGO FLÂNEUR

2023, LaboratorioLAB.

>?.?< .......Te vi

DIEGO FLÂNEUR, CRZY

2023, LaboratorioLAB.

Intro - REMIX (La Casa Azul)

DIEGO FLÂNEUR, ÜNDER, RODRO

2023, FAT Music

DOCE & QUENTE

DIEGO FLÂNEUR, ÜNDER

2023, LaboratorioLAB.

El Pueblo

DIEGO FLÂNEUR

2022, LaboratorioLAB.

La misa de los días malos

DIEGO FLÂNEUR

2022, LaboratorioLAB.

La ciudad que te mira

DIEGO FLÂNEUR

2021, LaboratorioLAB.

Vídeos

ünder - todo se esfuma como ese dinero (Lyric Video)

ÜNDER

(AFTERMOVIE) CONCERTO SAN FROILÁN 2023

DIEGO FLÂNEUR, ÜNDER

>.<.......Te vi (Vídeo)

DIEGO FLÂNEUR, CRZY

El Pueblo

DIEGO FLÂNEUR

Tal vez tamén che gusten