• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Rosa Cedrón

Rosa Cedrón fai fluír todas as correntes que deron forma á vida da cantante en "Entre dous mares" (Rhino | Warner Music, 2007). A súa visión íntima da poesía galega, as notas máis importantes na súa traxectoria profesional clásica e as súas orixinais e marabillosas composicións, fan deste álbum unha ocasión única para gozar da sensible e cautivante voz de Cedrón.

Despois dun longo silencio trala publicación de “Entre dous mares”, Rosa retorna con “Nada que perder” (Warner Music, 2016). Nel experimenta cos lindes da world music sen clixés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmosfera persoalísima que só Rosa pode chegar a crear.

Rosa pertence ao pequeno grupo de artistas cuxos novos discos son sempre ansiosamente esperados por seguidores incondicionais. A razón é o equilibrio da súa carreira, facendo colaboracións en direccións diferentes pero sempre sentíndoas como algo propio. Así, cantou folk con Luar na Lubre, jazz con Antonio Placer, flamenco con Barbaría do Sur, boleros ou pop con Mike Oldfield.

A expresividade de Rosa, a súa elegancia innata e a beleza asombrosa do seu propio estilo chamaron a atención de Mike Oldfield quen lle pediu colaborar con el en moitas das súas actuacións nas cidades máis importantes do mundo con "Tubullar Bells III" e "Night of the Proms".

Rosa Cedrón, co aplauso da crítica global, nunca renuncia para ter a súa propia visión sobre a música que a converteu na voz galega máis internacional.

Contratación

Mare
Patricia Hermida
(+34) 981 652 091 - (+34) 661 504 029
hermida@mareproduccion.com

Discografía

Nada que perder

ROSA CEDRÓN

2016, Warner Music

Cantando a Galicia. As Cancións de onte e de Sempre

ROSA CEDRÓN, SITO PAREDES, PACO LODEIRO

2013, Mare

Muller - Soas

ROSA CEDRON, CRISTINA PATO

2010, Fol Música

Entre dous mares

ROSA CEDRÓN

2007, Rhino | Warner

Vídeos

No seré yo

ROSA CEDRÓN

Negro Caravel

ROSA CEDRÓN, CRISTINA PATO

Rosa Cedrón bio

ROSA CEDRÓN

Tal vez tamén che gusten