• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Grace Rodson

Residente en Londres, a cantante e compositora pop/world galega Grace Rodson (Graciela Rodríguez) é unha cantante de primeira categoría con estudos musicais superiores en clásico (Conservatorio de Música de Vigo, España) e jazz (Royal Academy of Music, Londres). Actuou coa superestrela islandesa Björk e actualmente é a cantante principal do mestre da salsa no Reino Unido, Roberto Pla & His Latin Ensemble, e de Yes!!! Brazil Show. A súa versatilidade levouna a cantar diversos estilos, do jazz ao rock, clásico ou salsa, soul ou latin. Graciela ve a música como unha linguaxe universal na cal os "estilos" son só clasificacións e xogan un papel secundario.

Actuou en lugares tales como: Festival do Avante (Lisboa), Le Theatre de L'Opera (Avignon), St. David's Hall (Cardiff), Her Majesty's Theatre (Londres), BBC Radio 3, Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), Glastonbury Festival (Reino Unido), etc.

En 2013, Grace Rodson firmou un contrato con Global Journey Tunes (Allegro Music Group, USA) para a promoción do seu álbum "Samba In My Bones" (edición USA de "Now It Is Me"), no cal traballaron coñecidos músicos da escena musical londinense, tales como: Xantone Blacq (Amy Winehouse), Paul Carmichael (Flight), Francesco Mendolia (Incognito) ou Dave Kilminster (Roger Waters).

Contratación

JFM Records
Julius F. Maynard
(+44) 7773328569 - (+44) 2079878596
info@gracimusic.com

Discografía

Red Hot Fire

GRACE RODSON

2016, Gracemusic

Ahora soy yo (EP)

GRACE RODSON

2015, Gracimusic Ltd

Samba In My Bones

GRACE RODSON

2014, JFM Records / Gracimusic Ltd

Vídeos

Forgive Myself

GRACE RODSON

Money Money Money

GRACE RODSON, DOMINIC GRANT

The way you make me feel

GRACE RODSON, DOMINIC GRANT

Come with me

GRACE RODSON, DOMINIC GRANT

Fiesta de los 70s/80s en Sarastro

GRACE RODSON

Bitten

GRACE RODSON

Tal vez tamén che gusten