
Despois de formar parte de bandas coruñesas como Mephisto’s, 69 Monjas e Moro, Luis inicia unha traxectoria persoal cunha primeira parte composta por dous traballos de son rock, directo e contundente: “Psicodelia?” (2003) e “Los Vulnerables” (2005).Pero o seu universo musical dá un xiro co seu terceiro traballo “Defectografía” (2006), onde inicia unha triloxía sonora de inspiración introspectiva. Este traballo navega pola noite, a soidade e a estrada; sucédelle “Carnaval humano” (2010), un disco de natureza árida, de ruptura e reflexión desde a dor á superación. “Cielo color Burdeos” (2013) culmina a triloxía recollendo momentos da vida de alguén que compartiu, xunto a cinco mulleres e co viño polo medio, unha relación íntima.En 2017, Luis Moro publica “El pacto”, un disco nostálxico, literario, e dunha intimidade esmagadora que simboliza o pacto dun consigo mesmo, de renovación vital ante as adversidades emocionais. E en 2020 publica “Norteamericana aquí” (2020), un álbum onde revisa a artistas norteamericanos que marcaron o autor: Calexico, Wilco, Devendra Banhart ou Ani Difranco, entre outros.O seu último, “Playa Marte” (2025), producido por Jose García, entre a luminosidade e o misterio, deléitase na satisfacción polos praceres pequenos, pola vida con pouco, por tratar de vivir o aquí e o agora, e pola xente que está preto y fai que as cousas funcionen: as “alegrías” dunha vida, que nun momento aparecen sen buscalas.
Contratación
Luis Moro (+34) 690 376 088 contacto@luismoro.net