• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
aLEjaNDrO vArGAs_piano

Alejandro Vargas naceu en Holguín (Cuba) o 4 de febreiro de 1980. Comezou a estudar música aos 6 anos da man de J. Rodríguez Milord, Ulises Hernández ou Harold Gramatges, graduándose como pianista concertista no Instituto Superior da Habana. Completou os seus estudos en diferentes seminarios con Herbie Hancock, Chucho Valdés, Danilo Pérez ou Jorge Luis Prats.

Tocou con agrupacións como Irakere ou Pupy y Los Que Son, Son e colaborou con músicos de renome internacional como o saxofonista Donald Harrison, o trombonista Steve Turre, as cantantes Lucrecia, Guadi Galego, Ugía Pedreira e Diana Fuentes, ademais de participar no proxecto de José Luis Gutiérrez e en numerosos festivais arredor do mundo: Brasil, Noruega, Trinidade e Tobago ou Suíza.

Dende o seu asentamento en Galicia en 2009, Vargas desenvolveu relevantes proxectos como o dúo co baterista L.A.R Legido, “Descarga ao Vivo” ou “Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada” (aCentral Folque, 2012). O seu último traballo a piano, “Ama AZa LaNdo” (2014), é unha mistura de paisaxes sonoras onde se recrean ambientes do minimalismo, o orientalismo, a improvisación libre e o jazz; unha reflexión sobre a técnica pianística na amplificación de rexistros posibles cara á fantasía libre comprometida.

Entre os seus galardóns destacan o premio especial Cubadisco 2013 con “Miniaturas de Eugenio Granell”; o premio ao mellor disco de jazz Cubadisco 2008 con “Trapiche” (Producciones Colibrí, 2007); e o primeiro premio do concurso de xóvenes jazzistas de Cuba JoJazz 2001.

Contratación

Laura Navarro
(+34) 628 909 717 - (+34) 689 480 093
alejandrovargasmusic@gmail.com

Discografía

Ama AZa LaNdo

ALEJANDRO VARGAS

2014, Alejandro Vargas

Opersuite CD/DVD

ALEJANDRO VARGAS Y L.A.R. LEGIDO

2014, Autoeditado

Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada

ALEJANDRO VARGAS, JOSÉ MANUEL DÍAZ, LAR LEGIDO, MÓNICA DE NUT, GERMÁN DÍAZ, EDELMIRO FERNÁNDEZ, MARÍA JOSÉ PAMPANO

2012, aCentral Folque

Oceanía

ALEJANDRO VARGAS Y ORIENTAL QUARTET, ALEJANDRO VARGAS, JOSÉ MANUEL DÍAZ, RACIEL JIMÉNEZ. INVITADO: LÁZARO WILLMAN

2010,

Trapiche

ALEJANDRO VARGAS Y ORIENTAL QUARTET, ALEJANDRO VARGAS, JOSÉ MANUEL DÍAZ, DIANA FUENTES, ERNESTO VEGA, RACIEL JIMÉNEZ, DELVIS PONCE

2007, Producciones Colibrí

Vídeos

Cantos Alegóricos

ALEJANDRO VARGAS PIANO

Qué Rico el Mambo!

ALEJANDRO VARGAS TRÍO

La Fantasía de un Fauno

ALEJANDRO VARGAS (PIANO), L.A.R. LEGIDO (BATERÍA Y OBJETOS SONOROS)

AleGRías

ALEJANDRO VARGAS

Máquina de escribir, Aguaceros, Ame y Alegrías

ALEJANDRO VARGAS

AMa AZa LaNdO: Agua ∆ Tierra ∆ Aire ∆ Carton ∆ Piano

ALEJANDRO VARGAS

Tal vez tamén che gusten