• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Ith

Ith

Ith, fillo de Breogán, é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Folgueira, Gonzalo e Lucía. Este grupo de Xanceda (A Coruña) e arredores mantén o principio de facer rock galego en galego. Conta con máis de 15 anos de traxectoria musical, 3 maquetas, un disco gravado en directo, un en acústico, un DVD en vivo e 2 álbums de estudio. Durante estes anos realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega compartindo cartel e escenario con destacadas bandas do panorama musical español como Los Suaves e Celtas Cortos. A súa música guíase por influencias de diversos grupos de rock, heavy ou pop, influencias que achega cada compoñente e que se aglutinan nas súas cancións.

Ith debuta con “Forte” (2015), traballo de temas en galego, de composición propia, que navegan entre o rock e o pop máis enérxico. O álbum foi totalmente autoxestionado, desde a súa creación ata a gravación e edición.

A finais de 2017 comeza a ver a luz “O mínimo que o contén todo” (2018), gravado, producido e mesturado por Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios (Lugo). Seis temas de composición propia nos que manteñen o espírito de facer rock galego en galego con novas ideas e sons. A temática das cancións vai desde a reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción.

Entre outubro e novembro de 2020, Ith grava de novo en Abrigueiro con Arturo Vaquero. Desta volta deciden asumir a produción musical, o que alí cociñaron viu a luz 15 de decembro de 2020 como “Frear o momento”.



Contratación

Ith
Miguel Iglesias
(+34) 619 343 329 - (+34) 680 201 492
ith.rock@hotmail.com

Discografía

Frear o momento

ITH

2020,

O mínimo que o contén todo

ITH

2018, Ith

FORTE

ITH

2015, Ith

Vídeos

Aloumiños que festexan

ITH

Só Eu

ITH

Desvendar

ITH

Como se gravou "O mínimo que contén todo"

ITH

Hoxe por ti e mañá por ti (MillaRock 2016)

ITH

Día novo

ITH

Tal vez tamén che gusten