• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Le Magic Mayimba

PABLO DEL VALLE

Le Magic Mayimba é unha peza para sansula Hokema en La e electrónica baseada no proxecto e nas ilustracións homónimas sobre o racismo.

A electrónica está creada con instrumentos africanos como o talking drum, os shekeres e as marimbas. Ademáis inclúe fragmentos da entrevista de Muhammad Ali en 1971 con Michael Parkinson na BBC na que se cuestiona por que todo é branco.

O uso do pincel na sansula para os arrastrados é unha clara alusión ós debuxos e ao proxecto artístico creado paralelamente dende fai máis de 6 anos.

A peza escrita en compás de 6/8 preséntase coma un continuo xogo entre as subdivisións de 2 ou de 3. Esta superposición dos compases é unha metáfora sobre a convivencia das persoas brancas e as negras, na que ambas teñen o seu espazo . A pluralidade rítmica fai que a peza camiñe e que o oínte determine se o sinte en binario ou no ternario, atendendo á rítmica ou á melodía.

Máis vídeos de Pablo del Valle

Canto de berce para unha princesa negra

A. RODRÍGUEZ SABANES, PABLO DEL VALLE

A vaquiña

PABLO DEL VALLE

Carallada

PABLO DEL VALLE

Herba

PABLO DEL VALLE

Ondas do Mar

PABLO DEL VALLE

Electronic Maruxiña

PABLO DEL VALLE

Withhold

THAD ANDERSON, PABLO DEL VALLE

Glymur

EVAN CHAPMAN, PABLO DEL VALLE